Balance “negativo” polos recortes en educación
O comezo do curso escolar deu lugar á valoración da xestión educativa do Goberno galego por parte dos socialistas, que están a criticar duramente os resultados das medidas aprobadas ó longo do curso pasado pola Consellería de Educación. O portavoz de Educación do Grupo Socialista no Parlamento de Galicia, o monfortino Vicente Docasar, acusou ó Partido Popular de utilizar a política educativa da Xunta como “arma de destrucción masiva contra a igualdade de oportunidades”.
ESIXEN “DATOS FIABLES” SOBRE REDUCIÓN DE PROFESORADO
Así, Docasar criticou o “agochamento” dos datos sobre a redución do número de profesores, xa que “mentres algúns falan de 1.200 prazas os datos da Consellería de Facenda ascenden a 3.900”. O deputado monfortino esixiu ó Goberno galego “datos fiables, xa que o único certo é que seguen eliminando prazas de profesores mentres hai 17.350 alumnos mais”.
“NEFASTA” POLÍTICA DE BOLSAS DO PP
En canto ás becas, Vicente Docasar dixo que a “nefasta” política da Xunta é “cruel, elitista e clasista”, xa que está pensada “para disuadir ós estudiantes procedentes de familias humildes de ir á universidade”. O deputado socialista alertou de que a redución das bolsas e o incremento da nota esixida “poden incluso impedir que xóvenes do rural non poidan acceder ó Bacharelato ou á FP Superior”.
MEDIDAS “POLÍTICAS E XURÍDICAS” PARA RESTABLECER O SERVIZO DE COMEDOR
Por outra banda, a desaparición do servizo de comedor gratuíto ós nenos do rural que teñan que desprazarse para ir á escola constitúe, según os socialistas, “un novo ataque ó medio rural”. Neste sentido, Vicente Docasar anunciou “todo tipo de medidas, tanto políticas como xudiciais, para restablecer o servizo de comedor gratuíto. “As medidas políticas xa están en marcha, e as xurídicas en mans dos nosos expertos xurídicos”.
PRIMEIRO CURSO SEN COMEDOR ESCOLAR EN 40 ANOS
Vicente Docasar destacou que “este será o primeiro curso sen comedor escolar gratuíto no rural en 40 anos”. O deputado socialista acusou ó presidente da Xunta de eliminar un servizo creado durante a ditadura de Franco, en 1970, ó amparo da Lei de Ensino de Vilar Palasí.
CRITICA QUE SE FALE DE “NORMALIDADE” NO COMEZO DO CURSO
Tras este repaso, o portavoz de Educación do Grupo Socialista no Parlamento galego ironizou sobre as declaracións dos responsables da Xunta, cando falaron dun inicio de curso “marcado pola normalidade”. Docasar preguntou se a normalidade para a Xunta é ter á comunidade educativa “en pé de guerra pola oposición á nova Lei educativa”. Tamén cuestionou que sexa “normal” que as Anpas se teñan que organizar autonomamente por toda Galicia para constituír “bancos de libros de texto” e impedir así que haxa alumnado con dificultades para adquirir este material didáctico básico.
“DOBRE MORAL” DO PP
Docasar rematou a súa intervención criticando a “hipocresía e dobre moral” do PP, cando asegura defender ás familias “e suprime o servizo de comedor gratuíto no rural, pecha colexios e escolas unitarias, retira as bolsas e permite a emigración dos nosos titulados”.