Preto dunha trintena de casas rurais lucenses, no Outono Gastronómico

Raquel Arias, acompañada da xefa do servizo de Turismo, Paloma Vázquez, na presentación do Outono Gastronómico. GPDTL

Promover a gastronomía galega, dinamizar o turismo rural, desenvolver a oferta complementaria neste segmento e favorecer a desestacionalización neste singular periodo do ano son os obxectivos do 7º Outono Gastronómico, según explicou a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias. Esta iniciativa de Turismo de Galicia agrupa a 117 casas de turismo rural, das que 29 son lucenses. No sur da nosa provincia, os establecementos incluídos son Casa de Maside, Casa do Canto da Terra, Rectoral de Castillón e Casa dos Muros (Pantón); Casa Caxigueiro e Rectoral de Goián (Sarria); Casa Grande de Rosende e Rectoral de Anllo (Sober); Casa de Láncara (Láncara), A Casa da Cabaza (O Incio), Casa do Romualdo (Taboada), Casa Vilamor (O Saviñao), Casa Caselo (Folgoso do Courel), Pazo do Piñeiro (Chantada) e Casa Grande Ferrería de Rugando (Quiroga).

BONO AGASALLO PARA REGALAR TURISMO

Este ano, o programa inclúe como novidade o Bono Agasallo , co que os usuarios poden reagalar un bono para disfrutar dun Paquete do Outono Gastronómico. Deste xeito, o convidado poderá escoller calquera das casas de turismo rural do programa e decidir a estadía que prefira dentro dos tres meses da campaña. A persoa que regala o bono pode activalo simplemente chamando ao teléfono de Turismo de Galicia, ou a través do correo cir.turgalicia@xunta.es para poder regalar esta experiencia.

OPCIÓNS DO PROGRAMA

O programa Outono Gastronómico ofrece tres opcións. Así, o Menú Outono Gastronómico inclúe dúas opcións en cada casa, cun entrante, primeiro e segundo prato e sobremesa, café ou infusión, viños con D.O. galega e outras bebidas, por 30 euros por persoa.

O segundo paquete permite degustar o Menú Outono Gastronómico e pasar a noite na casa de Turismo Rural elixida, con almorzo incluído, por 110 euros para 2 persoas en cuarto dobre, ou de 70 euros para 1 persoa en cuarto individual.

A terceira fórmula é a Fin de Semana Outono Gastronómico, con 2 menús por persoa, máis aloxamento por 190 euros para 2 persoas en cuarto dobre e 130 euros para 1 persoa en cuarto individual, coa variante da Fin de semana familiar gastronómica, que inclúe ofertas para un e dous nenos ata 14 anos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os socialistas lucenses critican duramente a política educativa da Xunta

Seguinte Nova

40 pequenas empresas e autónomos afondan no potencial das novas tecnoloxías

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio