A Área de Cultura provincial destina 132.000 a Monforte para desenvolver a súa programación cultural

O delegado de Cultura e Deportes da Vicepresidencia da Deputación de Lugo, Mario Outeiro, durante a súa reunión co alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, trala firma do convenio de colaboración. GPVDL.

Na última xunta de goberno da Deputación de Lugo do mes de setembro ratificouse o convenio de colaboración polo que a Área de Cultura do ente provincial, adscrito á Vicepresidencia, aportará ó Concello de Monforte un total de 132.000 para o desenvolvemento de actividades culturais, como a Feira Medieval, os Paseos en Barca ou o Festival de Habaneras.

DINAMIZACIÓN ECONÓMICA E SOCIAL DA CIDADE DE MONFORTE

Baixo o programa Monforte Cultura Activa, o Concello contribúe á difusión dos valores culturais e ao patrimonio inmaterial de Galicia, poñendo en valor a nosa historia, idioma, música e tradicións, según sinalou o delegado de Cultura e Turismo do ente provincial, Mario Outeiro, trala firma do convenio co alcalde de Monforte, Severino Rodríguez. O responsable provincial suliñou que o programa Monforte Cultura Activa integra actividades que contemplan todos os puntos de vista do panorama cultural, desde concertos a xornadas sobre a cultura xudea, feira do libro ou xogos tradicionais ou xornadas de paseos en barca polo Cabe, “co que se poñen en valor as tradicións locais, ademais de contribuír a dinamizar económica e socialmente a vila”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta completa as obras de mellora da LU-212 entre Taboada e Monterroso

Seguinte Nova

Paso adiante para a construción de vivendas sociais en Sober

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: