A Xunta adxudicou as obras de conexión do Porto Seco coa LU-933

A aposta polo Porto Seco de Monforte gaña un chanzo con esta adxudicación do tramo de conexión coa estrada LU-933. Arquivo EC.

O pasado 12 de outubro, a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas anunciaba a adxudicación, por 5,3 millóns de euros, das obras para a conexión do porto seco de Monforte de Lemos coa estrada LU-933. A empresa adxudicataria foi a UTE Vila Río Miño- Antalsis, quen deberá iniciar os traballos nos 30 días seguintes á firma do contrato a mediados deste mes de outubro.

PRIMEIRO CHANZO PARA A COMUNICACIÓN DO PORTO SECO COA MESETA E O SUR DE GALICIA

A importancia deste novo paso na consolidación do Porto Seco de Monforte como unha realidade foi destacada polos responsables da Consellería, xa que esta conexión será a principal vía de unión desta plataforma loxística coa Meseta e o sur de Galicia.

DOUS QUILÓMETROS DE VIAL CON DÚAS GLORIETAS DE ENLACE

As obras que acaban de ser adxudicadas están dirixidas á construción dunha estrada de aproximadamente dous quilómetros de lonxitude, con dous carrís de 3,5 metros de lonxitude, e con beiravías de 2,5 metros. O enlace coa estrada LU-933 resolverase por medio dunha glorieta ampla de dous carrís de catro metros de lonxitude e beiravías de un metro. Asimesmo, no punto quilométrico 0+520 está proxectada outra glorieta das mesmas características e dimensións, e na que a vía cambia de dirección, de oeste-leste a norte-sur, para dirixirse cara ó sur en dirección á estrada autonómica.

CATRO VIADUTOS E UN PASO ELEVADO

Este novo treito de vial incluirá catro viadutos, dos que tres estableceranse sobre vías existentes nos puntos quilométricos 2+265, 2+477 e 2+634, e o cuarto viaduto construirase sobre o regato Rioseco no punto quilométrico 2+940. Ademais, construirase un paso superior sobre o punto quilométrico 3+182.

A SEGUNDA FASE INCLUIRÁ UN QUILÓMETRO MÁIS PARA ENLAZAR COA N-120

Según informaron dende a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, nunha segunda fase do proxecto de conexión desta plataforma loxística está previsto executar un treito de estrada, de aproximadamente un quilómetro, entre a LU-933 e a estrada N-120, que conectará directamente o Porto Seco con esta estrada nacional.

Os socialistas critican a ralentización das obras dos tramos Áspera-Bóveda e Bóveda-Noceda, malia que o tramo Áspera-Monforte leva “bo ritmo”. Arquivo EC.

Os socialistas esixen á Xunta que concrete prazos de apertura do novo tramo do corredor Monforte-Lugo

O deputado socialista Vicente Docasar lamentou que a Xunta non dera aínda resposta á pregunta formulada no mes de agosto polo grupo socialista no Parlamento galego sobre o estado e a previsión de execución das obras do corredor Monforte de Lemos-Lugo. Docasar critica que o Goberno de Feijóo non comprometa a apertura desta infraestrutura nunha data determinada, nin seguera algún tramo dos que quedan pendentes, senón que se limite a asegurar que o fará “no prazo máis breve posible, e o supedite ó marco económico xeral, algo moi preocupante”.

“ÚNICA ESPERANZA PARA AS COMUNICACIÓNS NO SUR”

O deputado monfortino explicou que o seu grupo levou este tema a sede parlamentaria ““ante a inquietude que veñen mostrando os axentes sociais de Terras de Lemos” polos prazos de construción, xa que este corredor queda como “a única esperanza para mellorar as comunicacións por estrada no sur lucense”, logo de que as outras dúas infraestruturas previstas (en referencia ás autovías Monforte-Chantada e Monforte-Ponferrada) “desapareceran milagrosamente de escena nos últimos tempos”. Respecto ós tramos pendentes do corredor, a Xunta explicou, a preguntas dos socialistas, que no tramo de Noceda -A Áspera se están a construír os viadutos de Mao e San Fiz, a drenaxe lonxitudinal e dous muros de contención, e rematando o movemento de terras. No treito de Áspera-Monforte trabállase agora nos pasos superiores, na drenaxe lonxitudinal e na estabilización con cal dos desmontes arxilosos. Docasar non quere “poñer en dúbida” estas explicacións, pero “da observación directa” detecta un “bo ritmo” de traballo no tramo Áspera-Monforte, e unha “clara ralentización” nos tramos Áspera- Bóveda e Bóveda- Noceda.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de A Pobra do Brollón asumirá os custes do copago da medicación dos enfermos crónicos

Seguinte Nova

Os socialistas critican o “trato vexatorio” que os Presupostos do Estado dan ó sur lucense

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio