A Xunta asinou co Concello de Monforte un contrato de aluguer do baixo do Hotel Comercio

Os responsables de ambas partes na sinatura do contrato de aluguer, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, e o alcalde de Monforte, Severino Rodríguez, no baixo do antigo Hotel Comercio de Monforte. (Foto: DTXL).

A sinatura tivo lugar o 7 de outubro na vila do Cabe, e o contrato permitirá ó Concello de Monforte o uso por tempo indefinido deste espacio, que conta cunha superficie de 121,42 metros útiles e que está situado na planta baixa deste emblemático edificio, reconvertido en inmoble de vivendas pola Xunta cunha inversión de máis de 1,5 millóns de euros. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, suliñou que “o establecemento dunha actividade no local axudará ao propósito deste tipo de actuacións de rehabilitación, revitalizar os cascos históricos e lograr movemento de xente, especialmente de xente nova”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Exhibición de judo no IES Xograr Afonso Gómez

Seguinte Nova

O PP do Incio pediu a Celeiro que esixa a Novagalicia Banco o mantemento da oficina

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: