A Xunta completa as obras de mellora da LU-212 entre Taboada e Monterroso

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas está a completar o remate das obras de mellora do firme da LU-212, nun tramo de preto de 10 quilómetros da vía que une Taboada e Monterroso. A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, suliñou que “esta actuación servirá para mellorar a plataforma da vía e incrementar a seguridade da estrada”. Estas obras contan cun investimento de máis de 140.000 euros, e beneficiará ás preto de 10.000 persoas da área de influencia da estrada que une Taboada co concello de Monterroso e co limítrofe de Antas de Ulla. O obxectivo destas obras é manter os niveis de calidade nos distintos elementos funcionais deste tramo da estrada LU-212, que en función do uso presenta nalgunhas zonas un progresivo deterioro, según comentaron os responsables autonómicos.

Os traballos consistiron na rexeneración e aportación dunha nova capa de aglomerado asfáltico para uniformizar as condicións de adherencia neumático-pavimento. Estes traballos complementaranse, en canto as condicións meteorolóxicas o permitan, polo correspondente repintado da sinalización, cos que se prevé que quede rematado o proxecto ao longo dos próximos días.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Edificio Sociocultural de Pantón acolle a exposición «Welcome to Turkey», de Berto Macei

Seguinte Nova

A Área de Cultura provincial destina 132.000 a Monforte para desenvolver a súa programación cultural

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: