Aposta polo comercio asociado
A comezos deste mes tivo lugar a sinatura dun convenio de colaboración entre ACES-CCU Sarria e Novagalicia Banco, que permitirá ós establecementos asociados e ós seus clientes acceder a diversos produtos financieros en condicións vantaxosas. No acto de sinatura estiveron presentes o presidente de ACES-CCU Sarria, Ricardo Arias Alvaredo, e o director de zona de Novagalicia Banco en Lugo Sur, Óscar Salgado. Según este convenio, comerciantes, profesionais e autónomos da comarca de Sarria poderán acceder a préstamos personais e hipotecarios, pólizas de crédito e avais, así como a produtos de leasing mobiliario e desconto comercial, con tarifas preferentes e personalizadas.
Según explicaron os asinantes do convenio, o acordo tamén beneficia ós clientes dos establecementos asociados a ACES-CCU Sarria que sexan asimesmo clientes de Novagalicia Banco, xa que poderán financiar as súas compras coa Tarjeta Comercio da entidade ou un crédito telefónico para o pago fraccionado de compras entre 300 e 6.000 euros de importe en 24 meses e sen intereses, e cunha taxa de desconto para o negocio. A tramitación destas fórmulas de pago poderá facerse no mesmo establecemento comercial, o que axiliza os prazos e anima á compra nestes momentos de crise.