O Centro de Artesanía e Deseño (CENTRAD), dependente da Deputación de Lugo, mantivo aberta durante as festas do San Froilán a exposición dos traballos dos Artistas e Artesáns da Comarca de Sarria. Unha iniciativa itinerante que está a consolidarse como un punto de encontro dos creadores plásticos das terras sarrianas co público de diversas zonas da nosa provincia.