Deporte e ocio activo para todos en Sarria

Programa infantil e para adultos

O Concello de Sarria puxo en marcha as Escolas Deportivas Municipais da tempada 2013-2014, cun amplo programa que integra diversas especialidades, desenvolvidas polos clubs e asociacións deportivas do municipio.

PATINAXE, XIMNASIA RÍTMICA E AERÓBIC

Así, o Club Anca de patinaxe organiza as Escolas de patinaxe os martes, aínda con prazas libres, e o Patinaxe de Competición, martes e xoves, con cheo absoluto na matrícula. O patinaxe artístico ven da man da Asociación Espiral, con cursos de iniciación e perfeccionamento os mércores e venres. Pola súa banda, o Club Xirandela organiza cursos de iniciación, escolar e promoción de ximnasia rítmica os mércores e venres, e de aeróbic os luns, martes e xoves. A Asociación Deportiva Aixa ofrece ximnasia rítmica no Oural os martes, e en Sarria martes, xoves e sábados en diferentes categorías, así como patinaxe no Oural os xoves.

FÚTBOL SALA, FÚTBOL CAMPO E BALONCESTONAS DIVERSAS CATEGORÍAS

Os aficionados ó fútbol sala poderán dirixirse á Peña Españolista, que entrena todas as categorías desde prebenxamín ata xuvenís e feminino ó longo de toda a semana, ou tamén ó Club de Fútbol Sala Os Meigallos, que ofrece cursos de iniciación, e entrenos para benxamíns, alevíns, infantís masculino e feminino, e cadetes. Como ven sendo tradicional, o fútbol campo corre a cargo da Sarriana, con entrenos en todas as categorías, mentres que o C.B. Sarriana segue co seu traballo no baloncesto en todas as categorías.

DEFENSA PERSONAL

En canto á defensa personal, o Club Deperpol organiza clases para nenos e nenas os mércores e venres, e para adultos os mesmos días, mentres que a defensa personal feminina impártese os sábado pola tarde, e a especialidade policial os mércores e sábados.

DEPORTES PARA ADULTOS

Ademais, nos baixos da Casa da Cultura as Escolas Deportivas para adultos ofrecen aeróbic os martes e xoves, e ioga os luns e mércores. As sesións de pilates son de luns a xoves, dous días por semana cada quenda, mentres que os bailes de salón desenvolveranse os venres. No Breogáns terá lugar o curso gratuíto de ximnasia para xubilados, en quendas de luns e mércores, e martes e xoves.

MÚSICA, PINTURA E NARRACIÓN PARA NENOS

Pola súa banda, Meigas e Trasgos, en colaboración co Concello e Arsactus organizan a actividade titulada «Contos pintados con música», destinados ós máis pequenos, para familiarizalos coa linguaxe musical por medio da pintura e dos contos, con sesións de dous sábados ó mes.

OBRADOIROS CULTURAIS PARA ADULTOS

Ademais, o Concello de Sarria organiza para adultos clases, totalmente gratuítas, de reforzo educativo para a ESO, reforzo do inglés básico e técnicas de estudio. Asimesmo, en novembro comezarán as actividades de calceta e ganchillo, iniciación á pintura ó óleo, bordado, e corte e confección.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Arte e artesanía da comarca de Sarria, de mostra durante o San Froilán

Seguinte Nova

Sarria aposta pola formación on line

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio