Educación inviste máis de 144.000 euros no CPI Dr. López Suárez

O conselleiro visitou Pantón e O Saviñao

•Destinaranse á mellora da cuberta do edificio principal •O conselleiro lembrou que a Xunta investiu nestes dous colexios máis de 500.000 euros nos últimos anos

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, durante a súa visita ó CPI Dr. López Suárez de O Saviñao, acompañado polo equipo directivo e o tenente de alcalde, Juan Carlos Armesto. (DTXL).

O pasado 11 de outubro, o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Jesús Vázquez Abad, visitou os colexios de Pantón e O Saviñao, para comprobar o resultado das melloras realizadas nos últimos meses no CEIP Monte Baliño, e anunciar os arranxos na cuberta do edificio principal do CPI Dr. López Suárez, para os que a Xunta destina máis de 144.00 euros.

O conselleiro lembrou que a Xunta destinou nos últimos anos máis de 270.000 euros ó colexio de O Saviñao. Ademais da nova cuberta, no colexio realizáronse xa obras de mellora no pavillón polideportivo, no patio infantil e na cociña. En canto a programas educativos innovadores, este centro conta con 4 aulas Abalar dotadas con 79 ordenadores ultraportátiles e participa neste programa desde o seu primeiro curso de funcionamento.Ademais, o centro conta con seccións bilingües de 3º a 6º de primaria, cunha auxiliar de conversa estadounidense.

O conselleiro visita o CEIP Monte Baliño de Pantón, acompañado do equipo directivo e o alcalde, José Luis Álvarez Blanco. GPCE.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Polémica no Pleno de Paradela en torno ó pago dos comedores escolares

Seguinte Nova

Investimento da Xunta en vías e camiños rurais do sur lucense

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: