Exhibición de judo no IES Xograr Afonso Gómez

Un momenti da exhibición de judo no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria. (Foto cedida IES Xograr Afonso Gómez).

O pasado 1 de outubro, o alumnado do IES Xograr Afonso Gómez, de Sarria, tiveron a ocasión de disfrutar dunha exhibición de judo, desenvolvida por monitores profesionais nas instalacións deste centro sarrián. Os judocas ofreceron unha mostra das diferentes técnicas desta disciplina deportiva de combate, como agarres, proxeccións e inmobilizacións, entre outras, para que o alumnado se familiarizase coas características deste deporte, e así poñer en marcha clases de judo polas tardes. A exhibición realizada no IES Xograr Afonso Gómez de Sarria contou coa participación de Yago Díaz Castillo, medallista internacional e Campión de España.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xornada técnica gratuíta en Monforte sobre prevención de riscos laborais en hostelería

Seguinte Nova

A Xunta asinou co Concello de Monforte un contrato de aluguer do baixo do Hotel Comercio

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: