Investimento da Xunta en vías e camiños rurais do sur lucense

Preto de 700.000 euros

•A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, anunciou a finais de setembro que a Xunta está a financiar, a través da Consellería de Medio Rural e do Mar, diversas obras de mellora en vías e camiños rurais do sur da provincia, por un importe de 684.191,54 euros.

CRITERIOS DE DISTRIBUCIÓN DA PARTIDA

O reparto desta aportación, procedente do Plan de Mellora de Camiños que promove a Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) realizouse tendo en conta criterios como o número de habitantes, a superficie do municipio, o coeficiente de agrariedade, o despoboamento e o envellecemento da poboación, todos eles consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp).

PARTIDAS POR CONCELLOS

Así, na comarca de Lemos, Bóveda recibirá 33.760,20 euros, Monforte de Lemos 73.337,50 euros, Pantón 66.914,30 euros, A Pobra do Brollón 44.537,74 euros, O Saviñao 76.958,50 euros, e Sober 63.829,54 euros. Asimesmo, na comarca de Quiroga, Ribas do Sil recibirá 26.444,00 euros, Quiroga 53.282,00 euros, e Folgoso do Courel 35.793,50 euros. Na comarca de Chantada o concello de Carballedo recibirá deste programa 62.660,26 euros, Taboada 67.542,50 euros, e Chantada 79.131,50 euros.

TRANSPORTE MÁIS SEGURO, CÓMODO E ECONÓMICO

Arias sinalou que as actuacións que se levarán a cabo con este programa “redundarán na mellora da seguridade viaria para os usuarios, ao tempo que se consegue que o transporte que habitualmente transcorre polos concellos resulte máis cómodo e tamén máis económico”.

COOPERACIÓN CON TODOS OS CONCELLOS DO SUR LUCENSE

Este programa suporá un investimento de preto de 3,7 millóns de euros no total da provincia de Lugo, e serán os propios entes locais os que poderán executar as obras que consideren oportunas, axustándose ó montante das respectivas achegas. Neste sentido, Raquel Arias lembrou que este plan “resulta un valioso instrumento que a Xunta pon a disposición dos concellos para a conservación destas infraestruturas que, en moitas ocasións, posúen un carácter estratéxico”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Educación inviste máis de 144.000 euros no CPI Dr. López Suárez

Seguinte Nova

Arte e artesanía da comarca de Sarria, de mostra durante o San Froilán

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: