Lemos Le celebra o Día da Biblioteca na Tapería do Centro do Viño de Monforte

•Esta orixinal proposta terá lugar o 24 de outubro ás 21,30 •Lemos Le aglutina ós/ás bibliotecarios/as da Comarca de Lemos, á Asociación de Librerías e a todos/as os vinculados ó mundo da literatura

O colectivo Lemos Le propón para celebrar o Día Internacional da Biblioteca unha singular fórmula, que se desenvolverá na Tapería do Centro do Viño de Monforte o vindeiro 24 de outubro a partir das 21,30 horas.

MENÚ POR CAPÍTULOS

Os participantes poderán degustar, por un prezo de 16 euros, un menú moi literario, que leva por título “¿Onde está o arroz con bogavante? Para iniciarse, haberá que atacar o prólogo, composto por “Dous fríos e un quente”, e xa postos iniciar a lectura do capítulo primeiro “En busca do bogavante polo arroz adiante”, seguir polo capítulo segundo, “O viño caseiro axuda á investigación”, e continuar polo capítulo terceiro, “Rematou doce”. De remate, un inesquecible epílogo de “Café e licores”.

ENTRADAS Á VENDA ATA O DÍA 21

Os interesados poderán retirar as entradas na propia Tapería, na rúa do Comercio, antes do día 21.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Outubro, mes do Teatro Infantil en Sarria

Seguinte Nova

Monforte, escola de actores durante o mes de novembro

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: