Monforte, escola de actores durante o mes de novembro

•O programa provincial Buxiganga inclúe a Monforte dentro desta iniciativa de formación •As sesións formativas terán lugar os sábados de novembro na Casa da Cultura

O programa Buxiganga, promovido pola Área de Cultura da Vicepresidencia primeira da Deputación de Lugo, inclúe a Monforte no ciclo formativo destinado a actores e actrices. A cidade do Cabe acollerá o curso “Ponte en escena” durante os sábados 9, 16, 23 e 30 de novembro, na Casa da Cultura. O curso estará dirixido por Fina Calleja, integrante de Sarabela Teatro, quen desenvolverá as sesións en torno ó teatro como xogo e como acción, tendo como elementos prioritarios para o traballo dramático o corpo e a voz.

PREZO E HORARIO

O curso terá un prezo de 20 euros, cun prezo especial de 10 euros para os actores e actrices participantes nos circuítos Buxiganga 2013. O horario do curso os días 9, 16 e 23 de novembro será de 10 a 14 horas, e o día 30 de 10 a 14 horas e de 16 a 20 horas.

INSCRICIÓN E PRAZOS

O prazo de inscrición pecharase tres días antes do comezo do curso. As solicitudes aceptaranse por orde de chegada á Oficina de Rexistro da Deputación Provincial de Lugo (San Marcos nº 8, 27001 Lugo). Os interesados presentarán a folla de inscrición que pode descargarse da web www.v1deputacionlugo.org/documentacion.php, ou recollela na Área de Cultura da Deputación, ou solicitala no teléfono 982 260 141. Xunto con este documento entregarase o xustificante bancario do pagamento da taxa. •Máis información: 982 260 141 ruben.culturaedeporte@deputacionlugo.org

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lemos Le celebra o Día da Biblioteca na Tapería do Centro do Viño de Monforte

Seguinte Nova

O Edificio Sociocultural de Pantón acolle a exposición «Welcome to Turkey», de Berto Macei

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio