O Concello de A Pobra do Brollón asumirá os custes do copago da medicación dos enfermos crónicos

O alcalde de A Pobra do Brollón, o nacionalista José Luis Maceda, durante un Pleno municipal. Arquivo EC.

O alcalde de A Pobra do Brollón, o nacionalista José Luis Maceda, anunciou que este Concello vai asumir a achega que o Goberno central obriga a realizar ós enfermos crónicos no copago da medicación que precisan polas as súas doenzas. «Ningún veciño da Pobra vai quedar sen medicación por non ter diñeiro para pagala», explicou o rexedor nacionalista, que ven de sumarse ás decisións que, neste sentido, comunicaron os Concellos de Monforte, Riotorto e Ribadeo.

CRÍTICA Á POSTURA DA XUNTA FRONTE Á IMPOSICIÓN DO COPAGO PARA ENFERMOS CRÓNICOS

O rexedor nacionalista de A Pobra criticou que «pagar a medicación dun enfermo de cancro, de SIDA ou de leucemia non é unha cuestión acesoria, como afirmou o vicepresidenta da Xunta, senón que é unha cuestión de primeira orde, e cando se trata de fixar prioridades nós estamos coas persoas”. «Non sabemos como pode haber quen se considere persoa e dé por boas decisións que condenan directamente á morte a homes e mulleres polo simple feito de carecer de diñeiro», denunciou Maceda. O alcalde da Pobra do Brollón sinalou ademais que a Xunta de Galiza pode paralizar a posta en marcha desta resolución do Ministerio de Sanidade, se ben a decisión que anunciou estes días Feijóo é de proceder a aplicar a medida en decembro.

«O COPAGO RESPONDE A RAZÓNS IDEOLÓXICAS»

“Sexa como sexa, a nosa decisión é que ese 10% até un máximo dun 4,20 euros por medicamento que lle correspondería abonar ós particulares cubrirao o Concello regulando os termos desa achega», suliñou Maceda. O rexedor nacionalista precisou que esta medida «responde á vontade de seguir garantindo a universalidade da sanidade». Maceda explicou que poderán acollerse a esta medida todas as persoas que leven residindo máis de seis meses na Pobra do Brollón, e que con independencia da súa renda ou o prezo da medicación poida quedar sen o seu tratamento». «Non teño a máis mínima dúbida que o copago que pretende impor Feijóo non é por razóns técnicas senón ideolóxicas”, explicou o alcalde.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os socialistas pedirán nos 15 concellos do Camiño de Inverno que se oficialice a ruta canto antes

Seguinte Nova

A Xunta adxudicou as obras de conexión do Porto Seco coa LU-933

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir aInicio