A comezos deste mes, os populares de O Incio fixéronse eco dos rumores que, según esta formación política, apuntaban á un posible peche definitivo da oficina de Novagalicia Banco na capital municipal. Diante desta situación, o grupo popular esixiu á alcaldesa que tomara “as medidas oportunas para que esta oficina se manteña aberta ao público nas mesmas condicións que ata o de agora”, e solicitara á Dirección da entidade “que relegue a un segundo plano a rentabilidade económica en favor da enorme rentabilidade social que ofrece a tódolos veciños deste concello”. Os populares esixeron que, “de non ser posible frear esta situación”, a oficina se manteña aberta en días alternos, e cun caixeiro automático activo as 24 horas.
Últimas noticias sobre ECONOMÍA
A mediados de xullo, quedou asinado un acordo entre a Mancomunidade de Municipios do Camiño Francés
• A zona contará cunha lanzadeira de Escairón á Praia da Cova, un manual de boas
• O Deputado de Promoción Económica e Social destacou que este proxecto, financiado integramente pola institución
• A Deputación de Lugo aceptou o investimento concedido pola entidade pública Red.es para desenvolver o
• O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde e o Alcalde