Os socialistas critican o “trato vexatorio” que os Presupostos do Estado dan ó sur lucense

O PP de Lugo valora os 99,12 millóns de euros que destina Fomento para as estradas lucenses

Lugo, a cuarta provincia con máis investimento en estradas dos Presupuestos Generales

O mes de outubro abriu coa presentación dos Presupuestos Generales del Estado (PGE)para o 2014, que veñen axustados polas condicións xerais da economía, e tamén, según os partidos da oposición, por planteamentos ideolóxicos que van máis aló do estrictamente técnico. De aí que as cifras que o Goberno de Rajoy baralla para o vindeiro ano conten con diferentes lecturas dende o punto de vista político. Mentres que o Partido Popular lucense salientaba que a nosa provincia vai ser a cuarta de España en investimentos do Ministerio de Fomento, dende o PSdeG de Lugo consideran que os PGE dan “un trato vexatorio” ó sur da provincia, “xa que non se van facer ningunha das obras previstas na zona”.

O voceiro do GPP no Senado e presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, e o deputado nacional, Joaquín García Díez, valoraron os PGE para Lugo na capital provincial. (Foto cedida).

JOSÉ MANUEL BARREIRO (PP): “OS PRESUPUESTOS PARA 2014 SON REALISTAS E RESPONSABLES”

O presidente do PP de Lugo, José Manuel Barreiro, destacou que Galicia é a segunda Comunidade con maior volume de inversión do Ministerio de Fomento no 2014, cun importe de 1.157,7 millones de euros, o que a sitúa, según Barreiro, nun 198% por riba da media nacional. O senador lucense suliñou tamén que Galicia é a segunda Comunidade con maior inversión de Fomento en ferrocarrís, con 826,4 millóns de euros. Barreiro destacou ademais a partida de 25,1 millones de euros para o impulso das políticas de vivenda na Comunidade galega. Respecto ós investimentos do Goberno central na nosa provincia, José Manuel Barreiro explicou que “Lugo é a cuarta provincia de España en inversión de Fomento en estradas, con 99,12 millóns de euros”. A inversión prevista na provincia en ferrocarril ascende a 16,59 millóns de euros, para a redacción do proxecto da Estación Intermodal de Lugo, a continuación das obras entre Ourense e Lugo, as da variante da Pobra de San Xulián e a eliminación de pasos a nivel. Ademais, destínanse 9 millóns de euros ó mantemento da rede convencional en Lugo, con partidas suplementarias no orzamento de ADIF para accións puntuais, como o tramo Lugo-Parga e outras actuacións en estacións.

ROBERTO CASTRO (PSdeG-PSOE): “O ESTADO INSULTA ÓS CIDADÁNS CON ESTES PRESUPOSTOS”

Pola súa banda, os socialistas lamentan que o sur da provincia reciba “tan só” o 4% da inversión do Goberno central na provincia. O coordinador comarcal do PSdeG no sur lucense, Roberto Castro, criticou que “o Estado está maltratando á comarca, insultando ós cidadáns, pois non se vai facer ningunha obra das previstas na zona”. Os socialistas explicaron que os PGE inclúen “pequenas partidas que apenas chegan ós 4 millóns de euros”. Criticaron que os Presupuestos para 2014 non contemplen ningunha partida para os proxectos das autovías A-56 Ourense-Lugo, “que leva tres anos parada”, e para a A-76 Ourense-Ponferrada. Os socialistas lembraron que este proxecto fora incorporado polo Goberno de Zapatero ó Plan de Infraestruturas e Transportes como “un dos principais vieiros de articulación territorial da Galicia interior coa meseta”.

O senador Ricardo Varela, o deputado autonómico Vicente Docasar, o voceiro socialista en Monforte, José Tomé, e o coordinador comarcal, Roberto Castro, durante a rolda de prensa. GPPS.

VICENTE DOCASAR (PSdeG-PSOE): “ESTAS CONTAS SON ULTRACONSERVADORAS”

Os socialistas lamentaron que a A-72 Chantada-Monforte só reciba 5.000 euros, o que demostra, dado que a infraestrutura mencionada era un dos compromisos do Goberno, que “estamos ante unha contas reaccionarias, cun perfil ultraconservador, e que desmantelan a obra pública e o Estado de Benestar”, según precisou o deputado Vicente Docasar. Neste sentido, os socialistas denunciaron que “cada fogar do sur lucense vaise ver obrigado a pagar 1.400 euros de media debido á suba de impostos”.

JOSÉ TOMÉ (VOCEIRO SOCIALISTA EN MONFORTE): “OS PGE PARA MONFORTE SON POBRES E TRISTES”

O voceiro dos socialistas no Concello de Monforte, José Tomé, sinalou que “de todas as partidas dos PGE para Monforte só unha entra dentro da normalidade”, en referencia á anualidade para a ampliación e mellora da potabilizadora de Monforte, á que se destinan 1.244.000 euros, “aínda que esta obra foi concedida durante o Goberno de Zapatero, cunha aportación de 3.796.000 euros”. Tomé criticou que os Presupuestos do Estado destinen “cero euros este ano á Ponte de Aceña Nova sobre o río Cabe, cando o ano pasado figuraban 10.000 euros”, e que se destinen tamén “cero euros para as melloras na N-120, a A-76 Ponferrada-Monforte, e o Porto Seco siga sen un acceso directo, e non se vaian suprimir os pasos a nivel”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta adxudicou as obras de conexión do Porto Seco coa LU-933

Seguinte Nova

Máis de 200.000 visitas á sede electrónica da Xunta de Galicia nos oito primeiros meses de 2013

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

 
A %d blogueros les gusta esto: