Os socialistas pedirán nos 15 concellos do Camiño de Inverno que se oficialice a ruta canto antes

O PSdeG presentará mocións nos 15 concellos polos que discorre o Camiño de Inverno para instar á Xunta a que axilice os trámites para o recoñecemento oficial deste itinerario como ruta xacobea. Os socialistas emprenden esta iniciativa buscando o apoio das corporacións locais porque “Feijóo incumpriu o mandato do Parlamento de Galicia, que por unanimidade dos catro grupos da Cámara lle requiriu o pasado febreiro que nun prazo de seis meses, é dicir, en agosto, oficializase o Camiño de Inverno e iniciase os traballos de sinalización”, explicou o deputado Vicente Docasar, quen lamentou que aínda non haxa novedades neste aspecto. Os concellos deste Camiño de Inverno son O Barco, Vilamartín, Petín e A Rúa, en Valdeorras; Quiroga, Ribas de Sil, A Pobra do Brollón, Bóveda, Monforte de Lemos, Pantón, Sober, O Saviñao e Chantada, na Ribeira Sacra lucense; e Rodeiro e Lalín, no Deza.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Todo listo para a quinta edición do Chantapas

Seguinte Nova

O Concello de A Pobra do Brollón asumirá os custes do copago da medicación dos enfermos crónicos

Últimas noticias sobre CULTURA

A forza das tradicións populares

A estrea de “Rondallas” confirmou os prognósticos: o novo traballo de Daniel Sánchez Arévalo converteuse nun fenómeno de taquilla en Galicia, cunha
Ir aInicio