Outubro, mes do Teatro Infantil en Sarria

O Concello de Sarria adica o mes de outubro a desenvolver unha intensa programación de teatro para os máis cativos na Casa da Cultura.  Así, o sábado 19 ás 18,00 horas, a compañía Producións Dispersas ven de poñerse en escena a obra “Na procura da canción perdida”. Na tarde do domingo e á mesma hora, Manuel Arias López desenvolveu o espectáculo “Aguí e agora, comedia máxica”.

ESPECTÁCULOS DO SÁBADO 26 E DOMINGO 27 DE OUTUBRO

Xa o sábado 26 de outubro, ás 18 horas, a compañía Os Monicreques de Kukas representarán a obra titulada “Xan Perillán e a maleta máxica”, e o domingo 27 Hermanager Producións porá en escena o espectáculo “Contos ben dispares”.

REMATE O XOVES 31 ÁS 19,00 HORAS

A programación do Mes do Teatro Infantil en Sarria rematará o xoves 31 coa representación, esta vez ás 19,00 horas, da obra “Os divertidos espíritos do Samaín”, a cargo do grupo Barafunda. Dende o Concello de Sarria informaron de que o programa cultural para este trimestre inclúe a novembro como Mes do Teatro para Adultos, con representacións todos os sábados ás 20 horas.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta aprobou o estudo informativo do enlace do Porto Seco coa Estrada Nadela-Monforte

Seguinte Nova

Lemos Le celebra o Día da Biblioteca na Tapería do Centro do Viño de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio