Paso adiante para a construción de vivendas sociais en Sober

Na antiga casa do conserxe do Colexio

A finais do mes pasado, a Xunta autorizou a desafectación da antiga vivenda do conserxe do colexio de Sober así como do espazo que a rodea, zona na que o Concello proxecta edificar vivendas sociais. Con esta resolución, a Xunta desvincula do uso educativo unha área de 2.665 metros cadrados, que forma unha parcela rectangular de 41 metros de fronte e 65 de fondo que linda en parte con outro terreo de propiedade municipal. O Concello de Sober solicitou a desafectación da edificación e da parcela para poder empregalos nos próximos anos como espazo para poñer a disposición dos veciños vivendas de promoción pública. A Consellería de Educación valorou a viabilidade da proposta, confirmando que a vivenda do conserxe non é necesaria para usos educativos, xa que no CEIP Virxe do Carme de Sober non existe esa figura actualmente. Según explicaron dende Educación, polo que respecta ao entorno, esta superficie tampouco é imprescindible para o funcionamento do colexio, xa que é utilizado como aparcamento pero existen outras alternativas para cubrir este servizo. Asimesmo, Educación estima que as dotacións do colexio non se ven afectadas, xa que o centro ten espazos suficientes para o uso escolar.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Área de Cultura provincial destina 132.000 a Monforte para desenvolver a súa programación cultural

Seguinte Nova

Cursos formativos para directivos de asociacións veciñais da nosa provincia

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio