Sarria aposta pola formación on line

Amplo programa de cursos gratuítos na aula CeMIT

A aula CeMIT de Sarria conta cun amplo equipamento e instalacións perfectamente acondicionadas para desenvolver un amplo programa formativo ó longo do ano. EC.

Presenciais ou a distancia son as dúas modalidades formativas que ofrecen os cursos gratuítos impartidos na aula CeMIT de Sarria. Pertencente á rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica, a aula de Sarria ofrece a toda a cidadanía a posibililidade de realizar cursos de formación, asistir a relatorios, e beneficiarse das vantaxes da teleformación.

FORMACIÓN

Nesta quincena ven de realizarse un curso sobre organización de viaxes, destinado á cidadanía en xeral, no que os usuarios aprenderon a localizar a través de internet información para preparar unha viaxe, coñecer as posibilidades de reserva e de pagamento do transporte e o aloxamento a través da Internet, así como a elaborar itinerarios en Google Maps e crear e compartir mapas e rutas personalizadas. Ademais, a aula CeMIT está a acoller nestes días, e ata o 25 de outubro, o curso titulado»Ofimática e Internet aplicado ás explotacións agrarias», organizado polo Sindicato Labrego Galego. O calendario formativo da Rede de aulas CeMIT ofrece ó longo de todo o ano cursos para a cidadanía en xeral, os profesionais das TIC, as empresas, micropemes e autónomos, empregados públicos e asociacións. Así, durante o mes de setembro, a aula CeMIT de Sarria acolleu diversos cursos e conferencias, como a charla sobre o «Uso seguro de Internet e redes sociais para menores», organizado polo Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica Informática de Galicia, no marco do convenio establecido coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), e o Centro Demostrador TIC de Galicia. En modalidade de videoconferencia, no mes de setembro os usuarios da aula CeMIT de Sarria puideron seguir a charla sobre «Guía de solucións TIC en software libre para autónomos».

OUTROS SERVIZOS

Ademais, a aula CeMIT de Saria está dispoñible para o desenvolvemento, por particulares e empresas, de roldas de prensa, videoconferencias e multivideoconferencias, reunións de traballo, visionado de audiovisuais, edición e creación de material multimedia e/ou audiovisual, ademais de ofrecer todas as ferramentas para realizar xestións coa Administración Pública, comercio electrónico, banca por Internet, seguimento de novas, entre outras prestacións.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Deporte e ocio activo para todos en Sarria

Seguinte Nova

Todo listo para a quinta edición do Chantapas

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: