17 establecementos ofrecerán dúas tapas a concurso ó longo dos días 25, 26, 27 e 31 de outubro, e tamén os días 1, 2 e 3 de novembro
A Asocación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra veñen de convocar o V concurso de tapas Chantapas, que nesta ocasión conta coa participación de 17 establecementos.
UNHA TAPA TRADICIONAL E UNHA TAPA INNOVADORA EN CADA ESTABLECEMENTO PARTICIPANTE
O Chantapas arrincará o vindeiro 20 de outubro, e continuará ó longo dos días 25, 26, 27 e 31 de outubro, e os días 1, 2 e 3 de novembro, cun horario libre no que os clientes poderán degustar dúas modalidades de tapa (tradicional e innovadora) en cada establecemento, por un prezo máximo de un euro para a tapa tradicional, e un máximo de dous euros para a tapa innovadora.
AGASALLOS PARA OS PASAPORTES CON 10 SELOS, E SORTEO DUN PASE Ó CIRCUÍTO ACUÁTICO DE AUGASANTAS
Os establecementos repartirán entre os clientes uns pasaportes que selarán cada vez que consuman unha das tapas do concurso. Cando no pasaporte se xunten 10 selos, o propietario terá dereito a recibir unha camiseta como agasallo ou unha botella de viño das adegas colaboradoras nesta campaña, que serán recollidos na oficina da Asocicación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, sita en Praza de Galicia s/n, 1ª planta). Unha vez que o pasaporte esté completo, o poseedor poderá deposítalo nunha urna na sede da Asociación de Empresarios para entrar no sorteo de catro bonos de pase para dúas persoas ó Circuito Acuático de Augas Santas. O sorteo celebrarase na canle local Televinte o día 8 de novembro, e os agraciados deberán presentarse na sede da Asociación de Empresarios de Chantada e CCA Ribeira Sacra, ou chamar ó 982462094 para reclamar o premio. Ademais, será un xurado profesional o que visite os establecementos en varios días, e sen identificarse, para non interrumpir o funcionamento do concurso.
ESTABLECEMENTOS PARTICIPANTES COAS TAPAS A CONCURSO
O listado de establecementos participantes no V Chantapas é como sigue: Bar Centro (tapa Tradicional: Croquetas de xamón e boletus; tapa Innovadora: Bolsiñas recheas), Bar Miño (tapa Tradicional: Guiso; tapa Innovadora: Raxo con mermelada de mazá); Bar Parada (tapa Tradicional: Ameixas á mariñeira; tapa Innovadora: Solomillo de porco con salsa de castañas); Cafetería Sylt (tapa Tradicional: Tosta de solomillo con queixo de tetilla; tapa Innovadora: Delicia Sylt); Capitol (tapa Tradicional: Coello con Mariacastaña Naiciñas e pasas; tapa Innovadora: Estadullo de polbo, vieira e langostino en tempura); Carballeira (tapa Tradicional: Carrilleira navegando no mar de castañas; tapa Innovadora: Burguer Ribeirá); Cervecería Cheers (tapa Tradicional: Milfollas Cheers; tapa Innovadora: As misturas de miña sogra); Café Bar Daydos (tapa Tradicional: Mexilóns recheos; tapa Innovadora- Sorpresa de gamba con aceitunas chip); Cafetería Enigma (tapa tradicional: Albóndigas recheas; tapa Innovadora: Enigma); Café Bar Los Ángeles: tapa Tradicional: Ensaladilla; tapa Innovadora: Pataca rechea); Bar Manix (tapa Tradicional: Empanadilla de carne; tapa Innovadora: Tenreira á cazola con crema de champiñóns); Mesón O Cantón (tapa Tradicional: Brocheta O Cantón; tapa Innovadora: Montadiño de solomillo ó queixo de Arzúa); Montecarlo (tapa Tradicional: Lacón asado con salsa Montecarlo; tapa Innovadora: Brocheta de champiñóns con langostinos); O Candil (tapa Tradicional: Sopa de allo; tapa Innovadora: Roliños empanados de queixo de cabra con chacina); O Casino (tapa Tradicional: Caldo de castañas; tapa Innovadora: Arroz outonal); Café Bar Plaza (tapa Tradicional: Filloas do mar; tapa Innovadora: Chips de castañas); Mesón Orcha (tapa Tradicional: Cocido Orcha; tapa Innovadora:Cucurucho de mar e terra).