
A finais do mes pasado, e ante a escalada de danos do xabarín nos cultivos de millo, o sindicato agrario reuniuse con representantes dos cazadores da nosa provincia para pactar actuacións de cara ós 12 días hábiles de caza do xabarín antes da colleita do millo, prevista para mediados deste mes. Dende Unións Agrarias pediron «que non quede ningún cazador na casa», facéndose eco da preocupación de moitas familias do rural, que temían pola integridade das súas colleitas. Os cazadores comprometéronse a intensificar o control das poboacións de xabaríns nestes días, e sinalaron que a poboación de xabarín baixou un 40% respecto á campaña de 2011.