Xornada técnica gratuíta en Monforte sobre prevención de riscos laborais en hostelería

A Delegación da Zona Sur da Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) organiza para o martes 29 de outubro unha xornada técnica de actualidade sobre os requisitos legais e obrigas en materia de prevención de riscos laborais para o sector da hostelería. Esta xornada, de carácter gratuíto, está dirixida tanto a profesionais do sector en activo ou en situación de desemprego, como ó público en xeral. Esta actividade desenvolverase nas dependencias da Delegación Sur da APEHL en Monforte, situadas na rúa Zapaterías s/n, de 17 a 20 horas, e os asistentes recibirán un certificado de asistencia. Os interesados poden recibir máis información na Delegación Sur da APEHL, e no teléfono 982 412050. O prazo de inscrición remata o 25 de outubro.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Novidades do mundo do viño na Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Exhibición de judo no IES Xograr Afonso Gómez

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: