15 concellos do sur lucense xa dispoñen de prazas wifi

• En Monforte só se instalaron dous puntos, á espera do permiso de Patrimonio para ubicar o terceiro

Dende calquer dispositivo móbil, pódese acceder a Internet de xeito gratuíto nas prazas wifi de 15 concellos do sur de Lugo. Arquivo EC.

O programa provincial Innova-TE ven de ofrecer novas prestacións ós concellos que decidiron adherirse. A instalación de tres puntos de conexión a Internet wifi nas prazas consistoriais está xa a beneficiar á cidadanía de 15 concellos do sur lucense. Os usuarios poden conectarse sen custe algún á Rede dende calquer dispositivo móbil (un teléfono, PDA ou ordenador portátil), para poder acceder a páxinas web institucionais, correo webmail ou redes sociais. As prazas wifi xa están operativas nos tres concellos da comarca de Chantada, e na de Sarria funcionan en O Incio, Láncara, O Páramo, Paradela, Samos, Sarria e Triacastela. Na comarca de Quiroga están operativas en Ribas do Sil e Quiroga, pero Folgoso rexeitou sumarse ó programa provincial. Esta mesma situación produciuse nos concellos de Bóveda, Pantón, e O Saviñao, a pesares de que, según explicaron os responsables provinciais, este servizo non supuña custe algún para os municipios, e implicaba ademais da funcionalidade wifi nas prazas outras prestacións. Pola súa banda, Monforte, Sober e A Pobra do Brollón xa teñen as prazas wifi operativas, e en Monforte queda por instalar un dos tres puntos de conexión, á espera do permiso de Patrimonio.

Según explicou a deputada de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, esta iniciativa busca facer fronte ó despoboamento do rural a través da implantación das novas tecnoloxías, “defendendo a igualdade de oportunidades dos cidadáns, vivan onde vivan”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Ribeira Sacra busca apoios para ser Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

O documental chantadino “Asolagados” chega ó Museo Provincial de Lugo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio