A campaña Merca e gaña en Monforte, un estímulo para un shopping máis atractivo na nosa cidade

Iniciativas de dinamización local dende o comercio asociado

Un momento da presentación da campaña Merca e gaña en Monforte, coa presencia da delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias; a presidenta do CCU Monforte, Mª José Senra; e o presidente da Federación de Comercio de Lugo, José Mª Seijas. (Foto cedida).

Entre o 18 e o 29 de outubro, o comercio asociado de Monforte buscou atraer á súa clientela e agasallar a súa fidelidade con 500 euros en bonos de compra a través da campaña Merca e gaña en Monforte, unha iniciativa desenvolvida polo CCU Monforte en colaboración coa Xunta de Galicia e a Federación de Comercio de Lugo.

OS BONOS PODERÁN CANXEARSE ATA O 1 DE DECEMBRO NOS MESMOS COMERCIOS ONDE SE REALIZOU A COMPRA PREMIADA

Durante os doce días da campaña, os clientes que realizaran compras nos establecementos asociados ó CCU Monforte recibiron boletos que, logo de incluir neles o seu nome e teléfono de contacto, introduciron nas urnas dispostas para tal efecto nos comercios e locais. Todos os boletos recollidos participarán nun sorteo o 31 de outubro ás 20,000 horas na rúa Cardeal. Sortearanse 10 bonos de compra por valor de 50 euros cada un, que deberán canxearse ata o 1 de decembro por compras a realizar nos mesmos locais ou comercios onde tivo lugar a compra premiada. A campaña Merca e gaña en Monforte ofreceu ós clientes máis de 120.000 bonos para participar neste sorteo.

A clientela responde á campaña Merca e gaña en Monforte, depositando os boletos para o sorteo logo de mercar na librería Agrasar. EC

73.000 EUROS EN AXUDAS DA XUNTA DE GALICIA ÓS CENTROS COMERCIAIS DE MONFORTE E CHANTADA

Durante a presentación da campaña Merca e gaña en Monforte, o pasado 17 de outubro, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, lembrou que a Consellería de Economía e Industria ven de outorgar diversas axudas ó Centro Comercial Urbano de Monforte e á Asociación de Empresarios, Profesionais e Autónomos de Chantada por un importe conxunto de preto de 73.000 euros, coa finalidade de dinamizar a actividade dos seus centros comerciais abertos. Igualmente, concedeu unha subvención de 109.000 euros á Federación de Asociacións de Comercio da Confederación de Empresarios de Lugo e outra de 112.000 euros á Federación Galega de Comercio, con sede en Lugo, para o desenvolvemento de iniciativas que reactiven o consumo no comercio local.

“CONSTANTE” TRABALLO DOS COMERCIANTES ASOCIADOS A PROL DA CALIDADE NO SERVIZO E NA ATENCIÓN ÓS CLIENTES

Asimesmo, Raquel Arias gabou o labor que desenvolven estas asociacións locais de comerciantes, así como o traballo da Federación Galega de Comercio, “constantemente preocupados por subir o listón, por mellorar a calidade, atención e o servizo que prestan aos consumidores”. Arias destacou que a campaña Merca e gaña en Monforte “é unha mostra do tipo de proxectos nos que se traduce o apoio da Xunta, xa que sen dúbida cumpre co obxectivo de facer máis atractivas as compras nos establecementos da cidade”. A delegada territorial en Lugo asegurou que a Xunta traballa en coordinación cos propios comerciantes porque “son os que mellor coñecen o sector, así que os escoita nas mesas locais de comercio e adapta as liñas de axudas ás súas necesidades”. “O comercio local é o que máis preto está dos cidadáns, colabora no pulso da vila e na súa sustentabilidade, vive integrado na cidade e polo tanto lle afecta o que nela ocorra”, destacou Raquel Arias para xustificar “o esforzo da Xunta” en continuar coas liñas de apoio a este sector.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comezou a campaña de vacinación contra a gripe

Seguinte Nova

A voceira do PP en Monforte asinou o seu apoio á candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio