A comarca celebrou o Día da Biblioteca

Un día para lembrar que as bibliotecas son punto de encontro, de lecer e de cultura

Festa no CEIP de Sober para conmemorar o Día da Biblioteca. (Foto cedida).

Contacontos, exposicións e actividades de dinamización lectora encheron as bibliotecas escolares e municipais ó longo de toda a comarca con motivo da celebración, o pasado 24 de outubro, do Día da Biblioteca.

En Sober, a Biblioteca Municipal celebrou este día en colaboración do CEIP Virxe do Carme, onde a escritora Laura Gallego leu o pregón que deu comezo a diversas actividades, como confección de marcapáxinas ou adhesivos conmemorativos, e a presentación do colectivo Lemos Le. Este grupo de bibliotecarios, mestres e amantes da literatura cumpren un ano de ilusión e esforzo por dar a coñecer a importancia das bibliotecas como eixo de dinamización social e cultural para todos os públicos, a través da posta en valor dos libros dos diversos catálogos de cada centro, e da lectura como elemento imprescindible para unha vida máis completa, lúdica e humana.

O exemplar máis antigo do fondo bibliográfico da Biblioteca Municipal de Bóveda, que data de 1907. EC.

 

Imaxe da exposición de libros antigos que a Biblioteca de Bóveda organizou para o Día da Biblioteca. EC.

Pola súa banda, a Biblioteca Municipal de Bóveda invitou á veciñanza que se achegou pola sala de lectura a té e pastas, e amosou unha interesante exposición sobre libros antigos. O máis vello, o «Manual de práctica criminal» destinado a xuristas, data de 1907. Poesía, ensayo, clásicos universais e libros técnicos, ademais dunha Biblia, compuxeron esta excepcional mostra.•

O colectivo Lemos Le na cea de aniversario, celebrada o Día da Biblioteca. EC

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Cultural Val de Láncara entregou o premio Facer País á Mesa pola Normalización Lingüística

Seguinte Nova

Gran rivalidad y buen juego en el derbi del sur de Lugo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: