O pasado 23 de outubro, a educadora social Mar López Sotelo impartiu no seu antigo instituto, o IES A Pinguela, unha conferencia organizada en colaboración coa ANPA do centro, e destinada ós pais e nais do alumnado, baixo o título «Como inflúen os estilos educativos familiares no fracaso escolar». A monfortina López Sotelo foi docente, colaborou coa UNED e a Fundación ECCA, realizou traballos sobre o síndrome de Asperger, e na actualidade está investigando para o seu proxecto de doutoramento en Tratamento Educativo da Diversidade. •