A Axencia Galega de Desenvolvemento Rural – Agader ven de destinar un total de 99.527 euros para a rehabilitación do Centro multiusos e de recepción e acollida de visitantes de Folgoso do Courel. O acto de inauguración tivo lugar o pasado 17 de outubro, e estivo presidido polo director de Agader, Antonio Crespo, acompañado pola alcaldesa de Folgoso, Lola Castro.
REHABILITACIÓN DA ANTIGA CÁMARA AGRARIA
Según informaron os responsables autonómicos, na execución deste proxecto optimizouse a inversión rehabilitando a Antiga Cámara Agraria, que levaba construída algo máis de corenta anos, a través da liña de proxectos dinamizadores das áreas rurais promovidos por concellos.
CENTRO DE SERVIZO TURÍSTICO E TAMÉN PARA OS DIFERENTES USOS DA VECIÑANZA
Os responsables de Agader suliñaron que, o novo uso desta edificación dará acollida a todos os que se acheguen ó patrimonio natural e paisaxístico da zona, ademais de servir como centro multiusos para dotar de servizos básicos a todos os veciños deste municipio.•