Catas transfronteirizas no Balneario de Pantón

É a primeira vez que se celebra unha macrocata no sur lucense

O OCA Augas Santas Balneario &Golf Resort acolleu este evento, que periodicamente organiza a revista especializada HG&T Hostelería Galega & Turismo. Arquivo EC.

As instalacións do Balneario de Augas Santas foron a sede elixida pola revista especializada en turismo e hostelería de Galicia HG&T para desenvolver unha nova edición das Catas Transfronteirizas. O pasado 28 de outubro, este evento reuniu ata un cento de viños tintos seleccionados entre as diversas denominacións de orixe españolas e portuguesas, e que na pasada edición tivera lugar na localidade lusa de Porto. Según explicou o director e fundador da publicación organizadora deste evento, Guillermo Campos, é a primeira vez que se realiza unha macro-cata destas características no sur lucense. «Eliximos a Ribeira Sacra como escenario, como recoñecemento ó que representa no segmento dos viños tintos», precisou Campos. O director da publicación suliñou que «tamén escollimos este entorno porque atopamos a disposición e infraestrutura axeitadas para realizar esta iniciativa.

O evento contou con dous paneis de cata, con membros da Asociación Galega de Sumilleres, expertos doutras asociacións profesionalizadas de cata, representantes da D.O.Ribeira Sacra como anfitriona, e consumidores procedentes de diversas asociacións relevantes, e cinco xornalistas portugueses especializados en enoloxía.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

UGT Lemos- Valdeorras pon en marcha un servizo de orientación laboral

Seguinte Nova

Pantón acolle un obradoiro de emprego conxunto para tres concellos

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio