Dende o 21 de outubro e ata o 20 de decembro, o Sergas ten dispoñibles 590.000 doses (560.000 vacinas antigripais e 30.000 antineumocócicas), que se distribuirán en máis de 900 puntos de vacinación. Os responsables do Sergas precisaron que esta campaña conta cun orzamento de 2.276.328 millóns euros, o que supón, según Sanidade, un aforro de 631.564 euros con respecto do pasado exercicio grazas á compra centralizada das vacinas xunto con outras Comunidades. Na presentación da campaña, os responsables do Sergas precisaron que os obxectivos específicos desta actuación son acadar unha cobertura vacinal do 65% entre a poboación maior de 65 anos e, farase un especial fincapé na vacinación do persoal sanitario. Así, entre os traballadores de atención primaria e especializada o obxectivo de cobertura é superior ao 35%, e máis do 65% no persoal que traballa en unidades de risco hospitalarias (como UCI, oncoloxía, urxencias, entre outros).
Últimas noticias sobre PORTADA
• No pleno aprobouse tamén unha proposta do BNG para a posta en valor do canal
Galicia celebrou o pasado día 25 de Xullo o seu día grande. E como terra chea
• As actividades e concertos terán lugar do 11 ao 16 de agosto O Alcalde de
• Os socialistas solidarizanse cos afectados pola vaga de incendios e recoñecen a labor de tódolos
• O lume sen control arrasou máis de 11.000 Ha en Vilamor, Saa e Seceda O