Completada unha fase do Plan de Aglomerado na comarca de Lemos

Melloras nas comunicacións entre os núcleos rurais do sur lucense

Ó longo deste mes de outubro, os equipos de traballo coordinados polo departamento de Vías e Obras da Deputación de Lugo veñen de rematar unha fase dos traballos do Plan de Aglomerado na comarca de Terra de Lemos. Con estas actuacións, o departamento provincial complementa os traballos realizados con cargo ó Plan de Conservación de Estradas, que actúa naqueles puntos onde os técnicos detectaron a necesidade de mellorar os traballos xa realizados previamente.

MELLORAS CON AGLOMERADO EN QUENTE EN CINCO QUILÓMETROS ENTRE CURRELOS E FERREIRA

En concreto, as últimas actuacións corresponden á mellora do firme en puntos da rede de estradas provincial situados no término municipal de O Saviñao. Así, os traballos que acaban de completarse supuxeron a mellora do firme con aglomerado en quente nun tramo da estrada provincial LU-P-4102, que comunica o núcleo de Currelos con Ferreira, xa no municipio de Pantón. As actuacións realizáronse entre os puntos quilométricos 6,175 e 10,875, sobre un treito de case cinco quilómetros, e cun ancho de estrada medio de case oito metros, polo que a superficie total obxecto de mellora foi de 36.600 metros cadrados.

EQUIPO TÉCNICO E MAQUINARIA PARA A REALIZACIÓN DOS TRABALLOS

Según informaron os responsables do departamento de Vías e Obras, o organismo provincial desprazou ata esta zona un equipo integrado por unha máquina estendedora, un rodillo neumático, un rodillo mecánico e camións bañeira, para realizar as tarefas de aporte de material. Unha decena de operarios formaron parte do equipo humano que se encargou destas actuacións en O Saviñao.

REFORZO DAS COMUNICACIÓNS ENTRE AS CAPITALIDADES DE O SAVIÑAO E PANTÓN, E O NÚCLEO DE CURRELOS

O obxectivo destas actuacións desenvolvidas dende o organismo provincial é mellorar as infraestruturas e dotacións de uso viaio de centos de veciños tanto do Concello de O Saviñao como do de Pantón, xa que esta estrada é unha vía de comunicación fundamental entre os núcleos de Ferreira e Currelos, así como da capitalidade do Saviñao, Escairón.

A seguridade vial, obxectivo prioritario do Plan de Conservación

A rede de estradas provincial posibilita as comunicacións entre os núcleos poboacionais caracterizados por unha grande dispersión, frecuente nos municipios lucenses. Arquivo EC.

•O Plan de Conservación e Mantemento Integral da rede de estradas provincial de Lugo ten como ámbito de acción os 4.199 quilómetros de vial que integran a rede. O seu obxectivo prioritario é garantir a seguridade viaria neste amplo trazado, e con esta finalidade desenvolve diversas accións ó longo de todo o ano. Ademais de atender incidencias as 24 horas, en aspectos que poidan supoñer un risco para a circulación, como limpeza de arrastres de pedra e terras, recollida de árbores ou ramas caídas na estrada ou retirada de animais mortos por accidentes, entre outros, tamén se ocupa do mantemento da estrada tanto no firme (con reparación de fochancas e blandóns e rexeneración do firme) como nos laterais (como apertura e limpeza de cunetas, obras de fábrica e drenaxe, e reconstrucción de cunetas de formigón con tubos de canalización).

O Plan de Conservación garante ademais o correcto estado da sinalización, mantendo en boas condicións ou renovando a sinalización vertical, barreiras metálicas e balizas de neve, entre outras.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Agader destinou máis de 100.000 ó centro de recepción de visitantes de Folgoso

Seguinte Nova

Infraestruturas, a aposta lucense dos Orzamentos 2014

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: