Crean 13 novas rutas vinculando gastronomía, viño e medioambiente

•Integran a establecementos distinguidos cos selo LugoSabe e Lug02 da Deputación de Lugo •Catro das rutas están no sur lucense

A Deputación de Lugo ven de presentar unha nova iniciativa, integrada por 13 novas rutas turísticas nas que se vinculan a gastronomía, o viño e o medioambiente.

RECURSOS NATURAIS E PRODUTOS AUTÓCTONOS CON 200 EMPRESAS

O obxectivo desta medida é promocionar a riqueza medioambiental da provincia e xerar riqueza coa posta en valor dos recursos naturais e dos produtos autóctonos de calidade, colaborando con 200 empresas de toda a provincia que, grazas a contar cos distintivos LugoSabe e Lug02, son xa referente de servizos e produtos de calidade, así coma de boas prácticas medioambientais. Según informaron os responsables provinciais, esta iniciativa está financiada nun 80% por fondos europeos a través do programa Lug02.

MÁIS POSIBILIDADES DE NEGOCIO A CARÓN DAS NOVAS RUTAS

As 13 novas rutas darán a coñecer os produtos autóctonos propios de cada zona e que destacan pola súa excepcional calidade, así coma os establecementos turísticos que respectan as boas prácticas medioambientais, requisitos esixidos para contar coas marcas Lugo Sabe e Lug02. O obxectivo é que estes 200 establecementos e empresas, ó situarse nos percorridos das novas rutas, poidan ampliar as súas posibilidades de negocio, ó contar ó seu favor coa promoción destas rutas en Internet e redes sociais, por exemplo.

NOVAS RUTAS POR TODA A PROVINCIA

A Deputación adiantou os 13 novos roteiros que tratarán de destacar os produtos autóctonos propios de cada unha das zonas que atravesan, así como a súa riqueza natural e patrimonial. As novas rutas son “A evolución dos portos”; “Descubrindo a faba de Lourenzá”; “Iniciación á espeleoloxía na Cova do Rei Cintolo”; “Atréveste cun raid de aventura”; “Recuperando as variedades de uva tradicionais nos bancais do Sil”; “Percorrendo a pé a Ribeira Sacra”, “Descubrindo o porco celta”; “A mel e os seus beneficios”; “O queixo na Montaña de Lugo”; “A Ulloa, terra de queixos e maruxas”; “Amasando coma antano”; “Quiroga e o seu legado artesanal” e “A mel e os seus beneficios”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O documental chantadino “Asolagados” chega ó Museo Provincial de Lugo

Seguinte Nova

En marcha a Campaña de Outono de ACES-CCU Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio