Diversión, música e mil historias nas Merendas con Contos da Biblioteca de Sober

Exposición de libros musicais procedentes dos fondos da Biblioteca Pública Municipal de Sober .EC

O mes de outubro arrincou en Sober coa nova edición da exitosa actividade municipal Merendas con Contos, que reúne na tarde dos venres a partir das 17,30 horas ós máis cativos en torno a unha divertida programación cultural, onde teñen cabida a música, a lectura e as artes plásticas e visuais.

O dúo Claro Que Sí desenvolveu un animado e interesante obradoiro musical nas Merendas con Contos da Biblioteca de Sober. EC.

OBRADOIRO MUSICAL

O pasado 25 de outubro, o dúo Claro que Sí desenvolveu un sorprendente obradoiro musical no que os máis novos amosáronse moi activos e satisfeitos. Ademais, ese mesmo día, e para celebrar a proximidade do Día das Bibliotecas, as instalacións da Biblioteca Municipal de Sober amosaron unha interesante exposición sobre os libros musicais que integran o fondo bibliográfico deste centro. Adaptacións de libretos de ópera para nenos, libro-discos, cómics ou unha aproximación á historia da Banda Municipal de Sober foron algúns dos materiais que puideron verse nesta mostra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sober está a madurar unha nova fisonomía para a Praza do Concello

Seguinte Nova

Sober lembrou nas redes sociais as actuacións da Banda Municipal con Manolo Escobar, o día do seu pasamento

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio