•No programa participan sete centros educativos da provincia de Lugo
•A estadía desenvolverase do 3 ó 9 de novembro
O CEIP de Quiroga participará este outono, xunto con outros seis centros educativos lucenses, nas estadías para a formación en linguas estranxeiras, neste caso o inglés, convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e que serán totalmente gratuítas para os estudantes. Estudiantes de 6º curso de Primaria do CEIP de Quiroga desenvolverán dita estadía na primeira quenda, do 3 ó 9 de novembro.
MELLORAR AS COMPETENCIAS EN LINGUA INGLESA
O obxectivo desta iniciativa é mellorar as competencias en lingua inglesa das rapazas e rapaces, a través dunha experiencia de comunicación neste idioma nun entorno no que se combina a aprendizaxe da lingua inglesa e se mesturan actividades de formación e actividades culturais.
ESTADÍAS TODO O ANO
Con esta nova liña do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, o departamento educativo da Xunta de Galicia desestacionaliza o modelo de actividades de formación a través de estadías. Según explicaron dende a Consellería, trátase dun importante esforzo deste departamento, dado o actual contexto económico, para ampliar por primeira vez a todo o ano unhas estadía que ata este momento só se desenvolvían en verán. Dende Educación destacaron o “total éxito” desta iniciativa, na que solicitaron participar 150 centros educativos.