Estudiantes de 6º curso do CEIP de Quiroga participarán nas estadías lingúisticas que convoca a Consellería

•No programa participan sete centros educativos da provincia de Lugo

•A estadía desenvolverase do 3 ó 9 de novembro

O CEIP de Quiroga participará este outono, xunto con outros seis centros educativos lucenses, nas estadías para a formación en linguas estranxeiras, neste caso o inglés, convocadas pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, e que serán totalmente gratuítas para os estudantes. Estudiantes de 6º curso de Primaria do CEIP de Quiroga desenvolverán dita estadía na primeira quenda, do 3 ó 9 de novembro.

MELLORAR AS COMPETENCIAS EN LINGUA INGLESA

O obxectivo desta iniciativa é mellorar as competencias en lingua inglesa das rapazas e rapaces, a través dunha experiencia de comunicación neste idioma nun entorno no que se combina a aprendizaxe da lingua inglesa e se mesturan actividades de formación e actividades culturais.

ESTADÍAS TODO O ANO

Con esta nova liña do Plan de Potenciación das Linguas Estranxeiras, o departamento educativo da Xunta de Galicia desestacionaliza o modelo de actividades de formación a través de estadías. Según explicaron dende a Consellería, trátase dun importante esforzo deste departamento, dado o actual contexto económico, para ampliar por primeira vez a todo o ano unhas estadía que ata este momento só se desenvolvían en verán. Dende Educación destacaron o “total éxito” desta iniciativa, na que solicitaron participar 150 centros educativos.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Obras de acondicionamento na rúa Real de Quiroga

Seguinte Nova

Agader destinou máis de 100.000 ó centro de recepción de visitantes de Folgoso

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: