Impulso á Ribeira Sacra con actividades todo o ano

Unificando a oferta turística

A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, presentou en Monforte as iniciativas das Rutas do Viño, co presidente da Denominación de Orixe, José Manuel Rodríguez, e a xerente do Consorcio de Turismo, Alexandra Seara. GPDTL.

A aposta institucional polo desenvolvemento turístico da Ribeira Sacra céntrase na elaboración dunha oferta “diferenciada e desestacionalizada” en torno ó turismo enogastronómico. Este obxectivo está a materializarse nas diversas actividades que se organizan en virtude do acordo entre Turismo de Galicia e a asociación Rutas do Viño da Ribeira Sacra, que inclúen os recén rematados talleres de fotografía de vendima no Centro do Viño de Monforte, ou os diversos itinerarios que realiza o Viñobús ó longo de todo o ano.

O primeiro dos Concertos de Outono da Ribeira Sacra tivo lugar no mosteiro de Santa Cristina de Ribas de Sil. CTRS.

SENDEIRISMO, GASTRONOMÍA E MÚSICA

Asimesmo, o día 26 deste mes tivo lugar unha ruta de sendeirismo pola Ribeira Sacra do Miño, e nestes meses segue a desenvolverse o programa Outono Gastronómico, unha iniciativa a nivel autonómico na que participan once casas de turismo rural das comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, subliñou que “coas Rutas do Viño fusionamos todos os recursos e servizos turísticos de interese da zona nun só produto, conseguindo a promoción e comercialización conxunta de toda a zona dunha forma integral”. Estas iniciativas inclúen a celebración dos Concertos de Outono, o primeiro dos cales tivo lugar no Mosteiro de Santa Cristina en Parada de Sil. A próxima cita será o 2 de novembro na igrexa de Santo Estevo de Ribas de Miño.•

 

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Seguen os apoios á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

Seguinte Nova

Comezou a campaña de vacinación contra a gripe

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio