Melloras na estrada LU-642 en O Incio

A Xunta de Galicia comezou a mediados deste mes as obras de mellora dun tramo de 4,26 quilómetros da estrada LU-642 entre Oural e Ferreiría do Incio, O trazado afectado por esta actuación discorre entre o núcleos de Goo e a intersección da estrada coa LU-641 en Xirgueiros.

A XUNTA INVISTE NESTAS OBRAS 187.000 EUROS

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas destina un total de 187.000 euros para estes traballos, que estarán rematados a finais do mes de novembro.

CARACTERÍSTICAS DOS TRABALLOS NESTA ESTRADA

As actuacións neste tramo comezaron coa limpeza de cunetas e traballos previos á mellora do firme. A continuación, os traballos céntranse no estendido dunha capa de cinco centímetros de formigón bituminoso en quente, en capa de rodaxe, un material que presenta unha elevada capacidade resistente, e excelentes características de adherencia do neumático.

SINALIZACIÓN HORIZONTAL

Según explicaron os responsables autonómicos, estes traballos de reforzo do firme na estrada LU-642 complementaranse coa execución do reperfilado de cunetas e a sinalización horizontal.

CORTES PUNTUAIS DE TRÁFICO POLAS OBRAS

Os responsables destes traballos avisaron previamente dos posibles cortes de tráfico que ó longo da última semana de outubro poderían realizarse no tramo obxecto das obras, polo que se recomendou utilizar como alternativa a estrada provincial LU-P-5711no caso de ter que realizar o tramo completo entre Oural e Cruz do Incio.

GARANTIR A VIALIDADE NESTA ESTRADA CARA Ó INVERNO

Durante o anuncio destas obras, a delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, explicou que o obxectivo deste arranxo céntrase en “mellorar a plataforma da vía e incrementar a seguridade da estrada, o que é especialmente importante de cara ás condicións da vialidade no inverno”.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha a Campaña de Outono de ACES-CCU Sarria

Seguinte Nova

Novembro, Mes do Teatro para adultos en Sarria

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio