O BNG de Bóveda reclamou na rúa unha “solución inmediata” para o problema do suministro de auga

Preto dun centenar de persoas secundaron a mobilización convocada polo BNG de Bóveda reclamando a “solución” inmediata ó problema de suministro de auga dos últimos tres meses. EC.

O pasado 19 de outubro, o BNG de Bóveda convocou unha concentración veciñal para reclamar unha “solución inmediata” do problema no servizo de abastecemento de auga potable. Preto dun centenar de veciños, e contando co apoio do grupo socialista, os nacionalistas de Bóveda esixiron diante da Casa Consistorial “a recuperación do suministro de auga potable en domicilios e negocios mentres non se realicen as obras da nova captación”.O voceiro nacionalista no Concello de Bóveda, Xosé Lois Vila, denunciou que “con tan só facer analíticas da auga e deixar pasar o tempo, como pretenden dende o grupo de Goberno do Concello, non se arranxa o problema”. Asimesmo, na convocatoria da mobilización o voceiro nacionalista anunciou que o seu grupo ía pedir no Pleno municipal a dimisión do Alcalde, “por entender que a defensa dos intereses da veciñanza do concello non se corresponde, e máis no momento actual, cos soldos que recibe cos impostos de todos nós”.

AUGA APTA PARA O CONSUMO

Un día antes da mobilización veciñal convocada polos nacionalistas, o alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, anunciaba que a auga do suministro era xa “perfectamente apta para o consumo”, despois de coñecer que a Xunta validara “a idoneidade” da auga nos distintos controis realizados. O alcalde daba así por resoltos os problemas que afectaron ó servizo nos últimos meses, e anunciou que non se cobrará o consumo de auga correspondente ós meses de agosto, setembro e outubro, “no periodo no que se detectaron as incidencias”. José Manuel Arias agradeceu “o celo e a dilixencia coa que actuaron as autoridades sanitarias”, e agradeceu “a comprensión demostrada polos veciños durante estes últimos días”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Sober lembrou nas redes sociais as actuacións da Banda Municipal con Manolo Escobar, o día do seu pasamento

Seguinte Nova

UGT Lemos- Valdeorras pon en marcha un servizo de orientación laboral

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: