Pantón acolle un obradoiro de emprego conxunto para tres concellos

•O proxecto RICRA-Ribeira Sacra, impulsado conxuntamente por Pantón, Sober e O Saviñao, abre o acceso a máis persoas e optimiza custes

Raquel Arias, xunto cos alcaldes de Pantón, Sober e O Saviñao, visitou ó alumnado que acaba de comezar este obradoiro de emprego. GPDPL.

Pantón acolle dende esta semana e ata o mes de abril un obradoiro de emprego impulsado conxuntamente por este concello e os de Sober e O Saviñao. A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, achegouse a Ferreira para coñecer o proxecto RICRA-Ribeira Sacra, financiado pola Consellería de Traballo e Benestar con preto de 178.000 euros, e no que 20 traballadores desempregados adquiren formación teórica e experiencia laboral en xardinería e montaxe e instalación de construcións de madeira., ademais de realizar obras de interese social nos tres concellos.

MELLORAS EN ESPAZOS PÚBLICOS DE O SAVIÑAO, PANTÓN E SOBER

Os espazos onde o alumnado desenvolverá os traballos de mellora no municipio de O Saviñao serán o campo da festa de Aiaz, a fonte de Estrumil, o antigo mercado do gando de Escairón, o campo da festa de Segán, e a capela de San Gregorio de Xixiriz, no concello do Saviñao. Con respecto a Pantón, os participantes no obradoiro traballarán na mellora da área recreativa de Castro de Ferreira, da de Gallegos, da de Monte Baliño, na praza de Goián e na zona da Fervenza de Augacaída. Pola súa banda, os espazos que se mellorarán en Sober con este proxecto son o entorno do miradoiro de Bolmente, do miradoiro e santuario de Cadeiras, do souto da Tallada, o da capela da Virxe dos Ánxeles e dos muíños do regato de Xábrega. Asimesmo, nos tres concellos acometerase a realización e instalación de mobiliario urbán. Raquel Arias defendeu este novo modelo de obradoiros de emprego, que en determinados casos promove ós concellos a mancomunar as propostas, xa que isto “significa coordinar accións e reducir custos, permitindo o acceso á actividade do maior número posible de persoas desempregadas”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Catas transfronteirizas no Balneario de Pantón

Seguinte Nova

Inaugurada a minicentral hidroeléctrica Belesar II

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio