Seguen os apoios á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio da Humanidade

A campaña da Deputación percorrerá Galicia e España

A deputada provincial de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, acompañada polo tenente de alcalde de Ribas do Sil, Roberto Castro, recibiu en San Clodio ó autobús que está a levar o libro oficial de sinaturas da UNESCO por toda a provincia. GPDL.

A campaña para impulsar a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade, iniciada pola Deputación de Lugo, segue a acadar apoios. O autobús rotulado que transporta o libro oficial de sinaturas da UNESCO fixo unha exitosa parada en Monforte, onde en catro días foron máis de 1.000 as persoas que amosaron coa súa sinatura o apoio á esta iniciativa, co que son xa máis de 3.000 as firmas rexistradas dende o inicio da campaña o pasado 8 de outubro no San Froilán de Lugo.

“A CIDADANÍA ESTÁ CUMPLINDO CON CRECES AS EXPECTATIVAS”

Logo do seu paso por Monforte, o autobús da campaña achegouse á San Clodio, onde foi recibido pola deputada provincial de Economía, Recadación e Facenda, Pilar García Porto, e o tenente de alcalde de Ribas do Sil, Roberto Castro. García Porto felicitou ós lucenses “por entender á perfección a importancia do seu papel para acadar o éxito”, xa que a resposta da cidadanía “está cumprindo con creces as expectativas” no seu apoio e implicación “en todas as iniciativas que supoñan un beneficio para a súa provincia”. As personas que se achegan ó autobús para ofrecer o seu apoio reciben asimesmo diverso material promocional sobre as terras da Ribeira Sacra.

“VALORIZAR O NOSO E VALORIZAR GALICIA”

A posta en valor da Ribeira Sacra a nivel mundial é o obxectivo final desta campaña, como xa explicara na presentación en Lugo o presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, logo de reunirse co seu homólogo da Deputación de Ourense, Manuel Baltar Blanco. Este percorrido “longo pero doado” que suporá a búsqueda de apoios para impulsar esta candidatura ten como finalidade “valorizar o noso e valorizar Galicia”. Con esta iniciativa, Gómez Besteiro está a cumplir un dos compromisos asumidos no seu discurso de investidura no ano 2011, considerado “unha das liñas programáticas” de goberno para este segundo mandato.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Inaugurada a minicentral hidroeléctrica Belesar II

Seguinte Nova

Impulso á Ribeira Sacra con actividades todo o ano

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio