Sober está a madurar unha nova fisonomía para a Praza do Concello

•Hai seleccionadas tres propostas finalistas no concurso de ideas •A convocatoria recibiu 39 proxectos procedentes de toda España

A Praza do Concello e a súa contorna verán modificado o seu aspecto a partir da proposta que saia gañadora do concurso de ideas convocado polo Concello e o Colexio de Arquitectos de Galicia. EC.

O xurado do concurso de ideas que o Concello de Sober convocou en base a un convenio co Colexio de Arquitectos de Galicia para a remodelación da Praza do Concello e a súa contorna escolleu tres propostas finalistas. Os proxectos seleccionados foron “Sombra”, de Marister Faílde Ferreiro e Belinda Besada Vergara; “Espacio soberino”, de Jorge García Anta, Fernando Aeiroá Lorenzo e Francisco Javier Barral Fernández; e “As catro estacións”, de Juan Ramón Sánchez Pernas. O xurado acordou conceder un accésit a “Combínalo como quieras”, de Luciano González Domínguez. Según explicaron dende o Concello, no primeiro proxecto valorouse a inserción do concepto de viñedo na proposta; no segundo, o feito de propoñer un novo edificio; e no terceiro, a orde xeométrica lóxica que plantea. O gañador terá que desenvolver o proxecto definitivo unha vez o Concello consiga os fondos precisos.

LUIS FERNÁNDEZ GUITIÁN: “O OBXECTIVO É TER UN PLAN DE FUTURO PARA A PRAZA DO CONCELLO”

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, explicou que o que se pretende é ter un plan de futuro para a Praza do Concello, “un verdadeiro plan director que perdure no tempo, tendo en conta que a capital municipal é das poucas vilas capital de Concello que non ten unha estrada de paso”. Inicialmente, o Concello non destina contía algunha a esta actuación, senón que se irá facendo o investimento en función dos recursos que se consigan da Xunta de Galicia ou doutras administracións.

TRABALLAR POR FASES SEGÚN O ORZAMENTO ACADADO

Guitián destacou ademais que se trata “dun concurso pioneiro nun concello pequeno como o de Sober”, polo que aposta por ter unha idea clara do proxecto a levar a cabo antes de comezar a pedir as axudas. Unha vez se vaia acadando o orzamento, o alcalde precisou que a previsión é a de executar as obras en diversas fases.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A monfortina Mar López Sotelo falou no IES A Pinguela sobre educación nas familias e fracaso escolar

Seguinte Nova

Diversión, música e mil historias nas Merendas con Contos da Biblioteca de Sober

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio