UGT Lemos- Valdeorras pon en marcha un servizo de orientación laboral

O vicesecretario xeral de UGT Lemos-Valdeorras, Mario Docasar, e a responsable do novo servizo de orientación laboral que ofrece esta organización, Berta Milia Gómez. EC.

Dende o 15 de outubro está a funcionar o novo servizo de orientación laboral que ofrece o sindicato UGT Lemos-Valdeorras, e que ten á fronte a Berta Milia Gómez, licenciada en Ciencias do Traballo. “Damos un servizo gratuíto a persoas desempregadas da comarca de Lemos, a través de información, orientación e prospección do mercado de traballo, para mellorar a súa ocupabilidade”, explica Berta Milia, que atende este servizo en horario de mañá e tarde.

HORARIO DE MAÑÁ E TARDE

“Polas mañás atendemos ás persoas que veñen direccionadas do Servizo Público de Emprego, e as tardes reservámolas para asistir a todas as consultas que en materia sociolaboral nos acheguen os interesados neste servizo”, e que serán atendidos os luns e mércores de 16 a 18 horas, os martes e xoves de 17 a 20 horas, e os venres pola mañá de 10 a 14 horas.

QUÉ OFRECE ESTE SERVIZO

Este servizo que ten xa en marcha UGT Lemos-Valdeorras ofrece información e asesoramento gratis sobre o mercado de traballo, incentivos e fomento da contratación e de iniciativas emprendedoras. Asimesmo, dá apoio ós labores de orientación laboral e busca de emprego, así como orientación sobre o proceso de recoñecemento das competencias adquiridas pola experiencia laboral a través dos certificados de profesionalidade. Este servizo ofrece tamén a posibilidade de elaborar itinerarios individuais e personalizados de emprego, e traballa a carón das empresas, favorecendo o achegamento entre as necesidades dos empresarios e os posibles candidatos a un posto de traballo.

SENEGALESES, OS PRIMEIROS CONSULTANTES

Dada a actual coxuntura de crise, nada máis poñer en marcha o servizo xa comezaron a recibir consultas. “As primeiras persoas que se achegaron foi un grupo de senegaleses, desempregados da construcción”, precisou Milia Gómez. “Non é de extrañar, xa que hai preto de 600 inmigrantes na nosa comarca”, suliñou o vicesecretario xeral de UGT Lemos-Valdeorras, Mario Docasar. “Non hai barreira co idioma, son xente que xa leva moitos anos en España”, explica Berta Milia, “aínda que en ocasións sí nos piden axuda para resolver xestións telefónicas”.

A FORMACIÓN, A PRINCIPAL CONSULTA

A responsable deste servizo de orientación suliña que “a xente chega moi desolada, porque hai menos medios de asistencia, por iso toda axuda a agradecen”, e polo que máis preguntan é por cursos de formación.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O BNG de Bóveda reclamou na rúa unha “solución inmediata” para o problema do suministro de auga

Seguinte Nova

Catas transfronteirizas no Balneario de Pantón

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: