Gran rivalidade e emoción nunha competidísima Ryder Cup 2013

No complexo deportivo de golf de Augas Santas en Pantón

O equipo do Resto do Mundo, liderado polo sarrián Rafa Castellano, impúxose pola mínima ó equipo de Monforte, capitaneado por Juan Carlos Pérez

O equipo do Resto do Mundo, gañador da Ryder Cup 2013, posa nas instalacións de Augas Santas. (Foto cedida).

O equipo do Resto do Mundo, capitaneado polo sarrián Rafa Castellano, impúxose nun emocionante final ó equipo de Monforte, liderado por Juan Carlos Pérez «Kukín», na Ryder Cup 2013 que se celebrou os días 9 e 10 de novembro no complexo Oca Augas Santas, nunha proba moi disputada dentro e fóra do campo. Esta competición anual reúne ós mellores xogadores da Orden de Mérito do Club, en formato match play, con 23 enfrentamentos e 3 puntos por partido. Nos cinco greensome do sábado, o equipo do Resto do Mundo confirmou a súa condición de favorito ó triunfo final ó acadar un parcial de 11 a 4, destacando as victorias por 3 a 0 de Manolo e Higino e de Rafa e Pilar, así como o inesperado punto e medio conseguido por Dani Rodríguez e Josíño ante Burgo e Fran. Logo do xantar e da arenga de Kukin ós seus todo cambiou. O equipo de Monforte acadou nos 5 foursome da tarde un parcial de 9 a 6, destacando os 3 a 0 de Kukín e Burgo sobre Beni e Rey, así como o de Barce e Dacosta sobre Nogueiro e Jose Antonio. A xornada remataba en 17 para o Resto do Mundo e 13 para os de Monforte.

O equipo de Monforte caeu eliminado por un punto nun emocionante final. (Foto cedida).

DISPUTADO ÚLTIMO PUNTO

Xa o domingo, disputábanse 11 enfrentamentos individuais e 33 puntos en xogo. As primeras partidas daban vantaxe ós de Monforte, cunha remontada épica, coas victorias de Barce, Fran, César Varela, Samuel, Fátima e os puntos de Fernanda, Mª Eugenia, o capitán Kukín e Isabel, que facían posible o milagre. Ó final, as victorias de José Antonio, Nogueiro, Higinio, Sixto, Rodicio e o empate de Pilar Centeno outorgaron o punto de vantaxe final para os do Resto do Mundo, que se alzou coa Ryder Cup Augas Santas 2013. No mes de decembro, e coincidindo coa cea fin de temporada, terá lugar a entregada Copa Ryder ó equipo do Resto do Mundo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Infraestruturas, a aposta lucense dos Orzamentos 2014

Seguinte Nova

Os de Neka acadaron oito medallas no Open Internacional de Pontevedra

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Chantada contra o cancro

A solidariedade e a conciencia social uníronse en Chantada nunha loita colectiva contra o cancro. No pasado mes de decembro, a directiva
Ir aInicio