A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), a través de Meteogalicia, lanzaron a aplicación MeteoRoute para o sistema operativo Android a comezos deste mes. Esta ferramenta, que xa funcionaba en agosto para teléfonos con sistema IOS, permite planificar unha viaxe ou unha ruta a pé, coche, bicicleta ou barco en base á predición meteorolóxica do percorrido. Con Meteoroute, os usuarios poden crear as rutas indicando a orixe e fin e seleccionando os lugares de paso sobre o mapa na pantalla. Ademais, poden importar rutas xa existentes dende ficheiros ou empregar percorridos habituais gardados como favoritos e que cada vez que se consultan amosan a predición actualizada.Unha vez seleccionada a ruta, a aplicación achega a predición para cada punto da ruta. Ademais, o usuario pode seleccionar a hora de inicio da ruta e a aplicación calcula automáticamente as horas de paso.
Últimas noticias sobre NUEVAS TECNOLOGÍAS
A monfortina Praza da Compañía acolleu, a finais do mes pasado, a presentación do documental “Monforte
•A aplicación permite que o visitante «sexa partícipe da xestión sustentable e eficiente da Ribeira Sacra»
A mediados de mes, o alcalde anunciou unha nova actuación en materia urbanística, referida desta volta
•Maite Ferreiro salientou que estes eventos “deron osíxeno a un sector profesional moi prexudicado pola pandemia”
O Entroido en Bóveda celebrouse nas redes sociais, co Concurso en liña de Disfraces. A convocatoria