Dentro do calendario de iniciativas para fomentar as compras no comercio local de Sarria, a Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria (ACES-CCU) ven de completar a Campaña de Outono, coa celebración, o pasado 12 de novembro, do sorteo público no que saíron os catro afortunados gañadores dos vales regalo: Lidia López, Ana Martínez Ramil, Mikel Díaz Tallón e Sonia López. Os establecementos nos que se entregaron as papeletas premiadas no sorteo foron Calzados Veiga, Farmacia Rivas, Decor Sarria e Senayo. Os gañadores poderán gastar cadanseu vale de cincuenta euros en compras realizadas nos establecementos asociados a ACES-CCU ata o vindeiro 15 de decembro.
Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO
• Fixeron traballos de limpeza do acceso do camiño que leva á fonte publica, ante o
• Redacción- MONFORTE. a Asociación Monfortina de Amigos do Ferrocarril (AMAFER), no 25 aniversario da súa
O Concello da Pobra do Brollón está a desenvolver o programa «Déixate guiar», que ofrece cinco
A Área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación ten en marcha durante os meses de verán
A dinamización da vida na aldea é o obxectivo das propostas culturais e lúdicas que ofrece