A Xunta avoga polo diálogo co que acadar un acordo de viabilidade para Cementos Cosmos

O pasado 13 de novembro, o conselleiro de Economía e Industria, Francisco Conde, avogou no Parlamento por promover o diálogo entre as partes implicadas na procura dun acordo estable para Cementos Cosmos que lle permita manter as expectativas de incremento de actividade económica e creación de emprego. Neste sentido, Conde subliñou que os acordos que se acaden deben garantir a produción ao completo, tanto na canteira de Triacastela como na planta de Oural. O titular autonómico destacou que o Goberno galego está a traballar para manter operativas ambas instalacións. Conde explicou que a Xunta está a mediar para avaliar a situación actual e as posibles solucións, que pasan por acadar un acordo que depende da empresa, que ten que facer compatible o cumprimento da licenza de actividade na canteira de Vilavella coa viabilidade económica da fábrica; e do concello, que debe velar polo interese público. “A Xunta estará aí en todo momento”, suliñou Conde, “velando polo desenvolvemento económico de Galicia, mediando para achegar posturas e defendendo a legalidade e os intereses xerais dos galegos, dos cidadáns de Sarria e Triacastela e, por suposto, dos traballadores de Cementos Cosmos”.

O conselleiro lembrou que a mediación da Xunta no seu día deixou abertas as posibilidades de recuperación da actividade e do emprego. Desde o primeiro momento, destacou Francisco Conde, o Goberno galego velou pola continuidade de Cementos Cosmos en Galicia, contribuíndo a acadar un acordo que “todas as partes viron positivo” e que permitiu manter 21 postos de traballo en Oural, recolocar outras 21 persoas na planta de Toral e conservar o emprego e a actividade económica xerada por 34 transportistas.

“A XUNTA MANTERÁ O SEU NIVEL DE COMPROMISO”

“Agora confiamos en que coa mesma receita do diálogo siga quedando aberta unha porta cara un futuro mellor”, sinalou Conde, quen garantiu que a Xunta manterá o mesmo nivel de compromiso que ten amosado ata o momento. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Julia Rodríguez defende que o Plan de Cooperación da Xunta inclúe a todos os concellos da comarca de Lemos

Seguinte Nova

Máis apoios para a candidatura da Ribeira Sacra a Patrimonio da Humanidade

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio