A Xunta destina máis de 132.000 euros para un pontón sobre o río Enviande, na parroquia taboadesa de Esperante

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, anunciou a licitación da obra de construción dun pontón sobre o río Enviande, unha obra “demandada polo concello de Taboada e que servirá para mellorar as comunicacións dos veciños e veciñas da parroquia de Esperante”. Arias explicou que tamén se construirá unha vía de acceso ao pontón, xa que o camiño actual non cumpre coas condicións requiridas para o tráfico rodado. Ó mesmo tempo, abrirase tamén un camiño de acceso a fincas na veciña parroquia de Cerdeda.

MELLORAS NAS COMUNICACIÓNS EN ESPERANTE E CERDEDA

A Sociedade Pública de Investimentos de Galicia, dependente da Xunta de Galicia, ven de anunciar a licitación desta obra, que forma parte das actuacións en infraestruturas rurais da Consellería do Medio Rural e do Mar e á que se destinan máis de 132.000 euros. A delegada territorial subliñou que con estas iniciativas búscase “mellorar a calidade de vida da poboación que reside no rural, e contribuír a arranxar as deficiencias que, en materia de infraestruturas, persisten en determinadas áreas rurais”. Os traballos, que contan cun prazo de execución de tres meses, consisten na construción dunha estrutura de seis metros de ancho sobre o río Enviande e a apertura de 600 metros de camiño en Esperante, para acceso ao pontón, e outros 825 metros de camiño en Cerdeda, para acceso a varias fincas. Según explicaron os resposnables autonómicos, os traballos para a apertura dos camiños contemplan o movemento de terras para o ensanchado da plataforma e mellora da rasante, a apertura de cunetas e extensión de zahorra, entre outras actuacións. A tramitación da licitación da obra estará aberta por un período de tres meses, a contar dende o 30 de outubro, e poden concorrer todas as empresas interesadas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Chantapas vendeu preto de 3.000 tapas en oito días

Seguinte Nova

Monforte conta cunha nova ruta de sendeirismo

Últimas noticias sobre INFRAESTRUCTURAS

     
A %d blogueros les gusta esto: