Denuncian que o paro aumentou un 25% en Lugo dende a chegada do PP á Xunta

•A deputada provincial Pilar García Porto alertou tamén de que o desemprego aumentou na provincia un 2,89% este mes •Dende UGT Lemos-Valdeorras ven “con preocupación” o aumento do 4,47% do paro no sur lucense en outubro

O desemprego segue en aumento no sur da provincia, cunha subida dun 4,47% en outubro. Arquivo EC.

Nada máis coñecerse o dato do paro de outubro na provincia de Lugo, que rexistrou un aumento dun 2,89% respecto ó mes anterior, a deputada de Economía, Recadación e Facenda da Deputación de Lugo, Pilar García Porto, denunciou que “Feijóo fixo que o paro aumentase na nosa provincia nun 25% dende que está na Xunta”. García Porto asegurou que esta situación se debe a que “o Goberno da Xunta recortou o investimetno autonómico para emprego en 200 millóns de euros nos últimos cinco anos”. A deputada provincial alertou das cifras de desemprego, que contabilizan no último mes 746 persoas máis en paro en Lugo, “e que xa son 6.772 lucenses máis no paro dende que Feijóo está na Xunta”.

“A XUNTA DEBE ASUMIR DUNHA VEZ POR TODAS O PRIMEIRO PROBLEMA DOS GALEGOS, QUE É O PARO”

Neste sentido, Pilar García Porto suliñou que “é urxente que a Xunta de Galicia, xa que ten as competencias directas en materia de emprego, asuma dunha vez por todas o primeiro problema dos galegos, que é o paro”. A deputada provincial explicou que, por contra, a Deputación de Lugo, “cun orzamento 100 veces inferior, ten en marcha seis liñas anuais de creación de emprego directo e de calidade para 2.180 persoas”. García Porto lembrou que o organismo provincial porá en marcha o Segundo Pacto Provincial polo Emprego, para a inserción laboral de 1.000 persoas nas profesións con máis futuro dentro do benestar social. Asimesmo, outra das liñas do organismo provincial para combatir o desemprego é o programa Fórmate en Verde, que está a ofrecer formación prática a 900 persoas para crear ou reconvertir empresas nos sectores da agricultura e a gandeiría ecolóxicas e o sector forestal. García Porto lembrou outras iniciativas da Deputación, como o convenio coa Escola de Organización Industrial, polo que 50 persoas en paro converteranse en especialistas en innovación para asesorar a 300 autónomos e PEMES, e o programa formativo Leonardo da Vinci, con 70 bolsas para mozos lucenses en paro. Asimesmo, o ente provincial financia por vez primeira os Grupos de Emerxencias Supramunicipais, que dan traballo a 80 persoas.

“OS 4.000 PARADOS DO SUR DÉBENSE ÁS NEFASTAS POLÍTICAS DE EMPREGO E Á REFORMA LABORAL”

Os datos do paro no sur de Lugo son vistos con “preocupación” no sindicato UGT Lemos-Valdeorras. Son 171 parados máis en outubro nos concellos de Lemos e Chantada máis O Incio, agás Pantón, onde baixou nun 4,60%. Según datos deste sindicato, o maior aumento rexistrouse en Bóveda, cun 23% máis de paro, seguido de Carballedo, cun 14,6% máis. Dende UGT cren que “estes 4.000 parados son consecuencia das nefastas políticas de emprego e da reforma laboral”.•

Os socialistas denuncian que “o Goberno de Feijóo búrlase de Monforte” ó denegarlle un obradoiro de emprego

O monfortino Vicente Docasar, diputado polo PSdeG-PSOE no Parlamento de Galicia, durante unha rolda de prensa. Arquivo EC.

A comezos deste mes, o deputado socialista no Parlamento de Galicia, Vicente Docasar, criticaba a decisión da Xunta de denegar “por cuarto ano consecutivo” un obradoiro de emprego ó Concello de Monforte. Logo de analizar a contestación oficial emitida pola administración autónomica á pregunta formulada no Parlamento galego polo socialista, Docasar considerou “un auténtico insulto” que a Xunta alegara que Monforte non se beneficiou dos obradoiros de emprego da administración autonómica “debido á documentación presentada”. Vicente Docasar cualificou a resposta oficial dada pola Xunta de “excusas de mal pagador para xustificar que a Xunta só lle concede obradoiros ós seus Concellos amigos”. O deputado criticou que a denegación da Xunta se produce por cuarto ano consecutivo, a pesares de apostar por un proxecto de posta en valor do contorno de San Vicente, “lugar onde os técnicos sospeitan que pode haber importantes restos arqueolóxicos”.

Vicente Docasar destacou tamén que existen Concellos que reciben obradoiros “con certa frecuencia aínda que as bases da convocatoria da Consellería de Traballo sinalan claramente que non se poden conceder a entidades locais que se beneficiaron desta iniciativa nos últimos catro anos”. Dos 21 obradoiros concedidos na provincia, 19 foron para municipios gobernados polo Partido Popular, un para Rábade (coa alcaldía ocupada por un partido independente), e outro para Lugo capital, con alcalde socialista, e deste reparto Docasar conclúe que “a concesión non só se fixo con criterios de sectarismo político, senón que se realizou facendo un uso fraudulento dos recursos públicos, xa que estas actuacións son en parte financiadas polo Fondo Social Europeo”. Docasar subliñou que “é certo que a orde que regula a petición destes obradoiros recolle a posibilidade de facer solicitudes entre varios Concellos”, aínda que detectou “diferencias” na valoración das propostas según foran concellos gobernados polo PP ou polos socialistas. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Os de Neka acadaron oito medallas no Open Internacional de Pontevedra

Seguinte Nova

O Porto Seco de Monforte, na III Feira da Loxística en Madrid

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio