Julia Rodríguez defende que o Plan de Cooperación da Xunta inclúe a todos os concellos da comarca de Lemos

A deputada do Grupo Popular e portavoz do PP de Monforte, Julia Rodríguez, afirmou que a Xunta colabora con todos os concellos da comarca de Lemos investindo no que vai de ano 149.877,74 euros na contratación de 24 persoas desempregadas a través dos programas do Plan de Cooperación. Rodríguez precisou que o Goberno galego asume o cen por cen dos custes salariais e de seguridade social das persoas contratadas, e son os concellos os que autonomamente propoñen e realizan os contratos. A deputada monfortina destacou que, “a diferenza dos programas doutras administracións, como a Deputación de Lugo, ningún concello queda excluído destas axudas”.

Julia Rodríguez destacou que a Xunta non establece diferenzas entre parados segundo o concello no que residen, xa que participan todos os municipios, á vez que se garante a igualdade de oportunidades entre as persoas que se atopan sen emprego. Julia Rodríguez engadiu que a Xunta tamén traballa no reforzo das axudas para as brigadas municipais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

En marcha o Plan de Viabilidade Invernal das estradas autonómicas en Lugo

Seguinte Nova

A Xunta avoga polo diálogo co que acadar un acordo de viabilidade para Cementos Cosmos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio